Home Pontevedra O concello de Soutomaior instala un punto de carga de vehículos eléctricos...

O concello de Soutomaior instala un punto de carga de vehículos eléctricos no Peirao de Arcade

- Anuncio -
  • Poderase utilizar sen custo durante os tres primeiros meses e durante un ano para os usuarios empadroados
  • O Concello de Soutomaior segue dando pasos adiante para facilitar a transición cara á mobilidade eléctrica dos seus veciños. Para iso, esta mañá púxose en servizo o primeiro punto de recarga do municipio, situado no Peirao de Arcade, unha das zonas máis transitadas durante o verán. Proximamente entrarán en servizo os puntos de carga instalados na rúa Rosalía de Castro e na Casa do Concello.
  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, asistiu esta mañá á posta en marcha do novo servizo para comprobar a facilidade de manexo e o funcionamento do punto de carga. “O cambio cara a unha mobilidade eléctrica é unha realidade, e tarde ou cedo todos teremos que facelo”, explicou Reguera indicando que “estes son os primeiros pasos cara ao cambio, pero estou seguro que pronto será tan habitual cargar o coche como poñer a cargar o móbil”.
  • O novo cargador ten unha potencia de 22 kw e pode fornecer electricidade a dous vehículos simultaneamente a través dos seus conectores de Tipo2, o estándar dos vehículos eléctricos en cargadores de potencia media. O cargador funciona accedendo a través dunha aplicación móbil coa que o usuario poderá buscar máis puntos de recarga para planificar un roteiro ou comprobar o consumo do seu vehículo, entre outras funcións.
  • O servizo de carga será totalmente gratuíto para todos os usuarios durante os tres primeiros meses, un prazo que os veciños empadroados no Concello de Soutomaior verán ampliado a un ano como parte do programa municipal de accións contra o cambio climático.
    Impacto no turismo
  • Outro dos beneficios da instalación destes puntos de carga de vehículos eléctricos no municipio é o seu impacto como valor para atraer visitantes. “O dispoñer desta clase de infraestruturas permite que os donos de vehículos eléctricos, que necesitan planificar as súas viaxes dependendo dos puntos de carga, poidan ter a Soutomaior entre os seus destinos”, finalizou Reguera.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas