- A actriz Marta Doviro presentará o evento no que se renderá homenaxe a 8 veciñas do municipio
- O Concello organiza este domingo, a partir das 18:00 horas no Salón de Actos municipal, a primeira Gala dá Muller de Pazos de Borbén. Un evento destinado a poñer en valor o papel fundamental da muller na historia do municipio e no que se recoñecerá a 8 mulleres do municipio. A actriz galega, Marta Doviro, será a encargada de presentar o evento. A entrada é libre ata completar o aforo.
- Coa celebración desta gala, o Concello quere recoñecer os méritos destas mulleres que, desde distintos ámbitos tantos laborais como sociais e culturais, son un claro exemplo da calidade, importancia e relevancia do traballo feminino na historia de Pazos de Borbén.
O Concello de Pazos de Borbén clausura con este evento o seu programa “ Herdeiras do Saber”. Un proxecto financiado con fondos procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero que ten como obxectivo poñer en valor o saber feminino que se transmite familiarmente de xeración en xeración a través da tradición oral. - A concelleira de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, destacou a importancia desta clase de iniciativas para “poder dar o recoñecemento que merecen as mulleres do rural. Nais e mulleres traballadoras que co seu esforzo diario convertéronse no piar fundamental das súas casas e da nosa sociedade”, finalizou a edil.