HomePontevedraCarmen Fouces: “Negociarei con UGT e CCOO cando queiran, onde queiran e...

Carmen Fouces: “Negociarei con UGT e CCOO cando queiran, onde queiran e no sitio que mellor prefiran”

- Anuncio -spot_img

A concelleira de Persoal, Carmen Fouces convida aos secretarios comarcais das centrais sindicais ou en quen deleguen, a sentarse a negociar cando queiran e onde queiran.

A concelleira de Persoal, Carmen Fouces lembra que “levamos 21 mesas agardando a que os sindicatos comparezan para tratar temas como a estabilización do persoal laboral e polo de agora a resposta foi, cando menos, sorprendente. Están enriba da mesa os postos de traballo de 20 persoas que levan moitos anos no Concello, e parece que é máis importante o Plan de igualdade, ou Teletraballo que o futuro destas traballadoras”

Carmen Fouces indicou que “non cabe dúbida que todos os temas teñen a súa transcendencia, pero cando temos diante unha data límite do 1 de xuño que establece o Goberno do Estado para que os traballadores e as traballadoras laborais poidan converterse en funcionarias mediante un proceso de concurso de mérito, parece que o asunto é o suficientemente urxente como para relegar calquera outro e priorizar a funcionarización deste persoal”

Tamén recordou que “a estabilización das prazas hai que facela por lei, é dicir, teñen que transformarse en prazas de funcionarias. Iso está garantido que o faremos en tempo e forma”. Outra cuestión é o procedemento que se utilice para cubir esas prazas, que pode ser por concurso de méritos, se a Oferta de Emprego Público (OEP) se negocia e se publica antes do 1 de xuño; ou por oposición libre se se publica despois do 1 de xuño.

A concelleira reitera que “o Concello nunca se levantou da mesa e agardou pacientemente a que acudiran a negociar e -agás a CIG- non se presentaron, o que impediu a constitución das Mesas por falta de quorum”.

A pesar da situación, “seguimos abertos a sentarnos para non perxudicar a unha veintena de traballadoras, a maioría mulleres. O tempo apremia e temos poucos días para facelo. Aquí estamos agardando”.

Publicacións Relacionadas