Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar analiza futuras vías de colaboración entre a Deputación e o...

Manuel Baltar analiza futuras vías de colaboración entre a Deputación e o Concello coa nova alcaldesa de Riós

- Anuncio -

O presidente provincial recibiu no Pazo Provincial a Eva Barrio, que tomou posesión do seu cargo o pasado 23 de abril, para coñecer as liñas estratéxicas do novo goberno local

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial á nova alcaldesa de Riós, Eva Barrio, que tomou posesión do seu cargo o pasado 23 de abril, para coñecer as liñas estratéxicas do novo goberno local e analizar futuras vías de colaboración coa institución provincial.

Manuel Baltar felicitou á alcaldesa pola responsabilidade que asume diante da súa veciñanza e desexoulle moitos éxitos na súa xestión. Eva Barrio, entre tanto, agradeceu “a colaboración da Deputación e a boa disposición que amosa sempre o seu presidente co Concello de Riós e sen a que sería imposible por en marcha moitas obras e servizos”.

Durante o encontro no Pazo Provincial, Manuel Baltar e Eva Barrio repasaron as actuacións realizadas en Riós coa colaboración da Deputación, como o convenio para o Centro Agroforestal; as accións en empregabilidade e mocidade desenvolvidas no concello grazas aos programas provinciais; a incorporación dun condutor para a máquina rozadoira, dentro do plan provincial de marxes de estradas; a achega da parte do Concello ao Plan Marco 2022-2023; e obras como a construción de Centro de Día e a rehabilitación de vivendas sociais na localidade de Castrelo de Cima.

A alcaldesa presentou a Manuel Baltar outros proxectos nos que está a traballar o goberno local e as necesidades de financiamento, como a posta en funcionamento do citado Centro de Día; o acondicionamento e humanización do barrio de Marmolín e do camiño da igrexa no Riós; e o arranxo da estrada que une A Veiguiña e Valfarto.

Relacionadas

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan...

0
Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con...

O Auditorio acollerá esta fin de semana dous concertos: a Wind Rock Band do...

0
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta fin de semana dous espectáculos musicais: os concertos da Wind Rock Band (que terá lugar o venres,...

O Concello convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas do Desfile...

0
O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido, que percorrerá...

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

Publicacións Relacionadas