Home A Coruña A Deputación da Coruña acepta a encomenda da Asociación de Concellos do...

A Deputación da Coruña acepta a encomenda da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e licitará un proxecto de obras de mellora nesta ruta xacobea por máis de 435.000 euros

- Anuncio -

O proxecto inclúe un investimento medio de 25.000 € en cada un dos 16 municipios que integran a asociación e que se destinarán a actuacións de mellora da sinalización, alumeado, pavimentación e seguridade

A Deputación da Coruña vén de aceptar a encomenda da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e tramitará o procedemento de licitación do proxecto técnico “Actuacións de mellora e posta en valor do Camiño Inglés”, cun orzamento inicial de licitación de 435.893,79 euros. Un proxecto que inclúe actuacións de mellora da sinalización, alumeado, pavimentación e seguridade no Camiño Inglés ao seu paso polos 16 municipios integrados na Asociación.

“Agardamos que a Deputación poida sacar o proxecto a licitación nuns 60 días para poder telo adxudicado nun prazo de tres meses e medio e poder acometer as obras este mesmo ano”, explica o presidente da Asociación, Manuel Mirás, quen indica que “cada Concello disporá duns 25.000 euros para acometer actuacións de mellora no Camiño Inglés en materia de alumeado, sinalización, pavimentación, seguridade, arranxo de beirarrúas, habilitación de áreas de descanso…”.

Unhas actuacións que terán un carácter homoxéneo nos dezaseis municipios, como exemplifican os paneis informativos que se van instalar. Trátase duns paneis de madeira que se emprazarían na entrada de cada un dos concellos e que acheguen información de utilidade para o peregrino sobre que recursos de interese patrimonial, paisaxístico, cultural e turístico poden ser do seu interese ao paso da ruta Xacobea. Unha información dispoñible en galego, castelán e inglés, cunhas dimensións e imaxe conxunta para todos os municipios.

Procedemento

Grazas a este acordo, a Deputación da Coruña encargarase de aprobar o expediente administrativo de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas, sacalo a licitación e facer a correspondente proposta de adxudicación. Unha vez formalizado o contrato coa entidade adxudicataria, a Asociación de Concellos do Camiño Inglés encargarase da execución e pago das obras.

O proxecto técnico conta cun orzamento inicial de 435.893,79, dos que o 78% procede dunha achega da Deputación da Coruña e o resto corresponde a achegas dos dezaseis municipios que integran a Asociación de Concellos do Camiño Inglés: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela.

Relacionadas

O bravú celebra os seus 30 anos mañá no Colón cun documental e un...

0
O Goberno de Inés Rey promove este evento no que se proxectará un documental e haberá unha actuación de Orquestra Bravú Xangai con moitas...

Unhas 900 persoas acudirán mañá á “XXXV Gala do Deporte de Narón” no Pazo...

0
O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá unha nova edición, a trixésimo quinta, da “Gala do Deporte de Narón”. A alcaldesa, Marián Ferreiro,...

O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre...

0
A Asociación micolóxica Viriato organiza a próxima semana, coa colaboración do Concello, as “IV Xornadas micolóxicas de Neda”. Trátase dunha actividade gratuíta de iniciación...

Neda desenvolverá a vindeira semana unha nova edición das súas Xornadas micolóxicas

0
O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre a Asociación Viriato e o Concello A Asociación micolóxica Viriato organiza...

Cariño conmemorará o 25N coa lectura dun manifesto, unha marcha e un taller formativo...

0
• O Concello participa este ano nunha campaña conxunta con Mañón, Cerdido e Ortigueira. O Concello de Cariño conmemorará o 25N, Día Internacional para a...

Veciñanza da Pobra elabora xabóns ao abeiro dos obradoiros de artesanía Feito coas túas...

0
O obradoiro de confección de xabóns impartido por Flow de Meiga marca o final do programa Feito coas túas mans, impulsado pola Concellaría da...

Publicacións Relacionadas