Home Pontevedra A Lama O concello da Lama organiza unha xornada para este venres no multiusos...

O concello da Lama organiza unha xornada para este venres no multiusos sobre a “Xestión de vexetación nos núcleos poboacionais e outras infraestructuras”

- Anuncio -

Será ás 19 horas e está orientada a propietarios de fincas rústicas, comunidades de montes, titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, habitantes de núcleos rurais e residentes en núcleos urbanos que limiten con fincas rústicas, así como calquera interesado nestas cuestións.

O Concello da Lama organiza unha xornada divulgativa para este venres día 6 de maio ás 19 horas no Centro Multiusos baixo o título “Xestión da vexetación nos núcleos poboacionais e outras infraestruturas” que correrá a cargo dun Axente Ambiental do Distrito Forestal XIX.

Esta conferencia promovida e organizada polo Concello da Lama vai especialmente orientada a propietarios de fincas rústicas, comunidades de montes, titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, habitantes de núcleos rurais e residentes en núcleos urbanos que limiten con fincas rústicas, así como calquera interesado nestas cuestións.

O obxectivo desta xornada formativa e divulgativa é ofrecer información dende a administración local sobre as redes de xestión da biomasa recollidas na Lei de Montes así como na Lei de Incendios para levar a cabo labores de prevención e, ao mesmo tempo, evitar que se cometan infraccións neste sentido que poidan acarrear a incoación posterior de expedientes sancionadores.

Segundo manifestou o concelleiro de Medio Rural, Jorge Méndez, “trátase de achegar a máxima información posible aos nosos veciños coa intención de que todos colaboremos dun xeito activo na conservación e prevención de incendios e saibamos como debemos xestionar a vexetación nos núcleos de poboación e a biomasa”, indicou o edil.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas