Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela traslada ao Sergas as protestas da veciñanza pola ausencia periódica de...

Cubela traslada ao Sergas as protestas da veciñanza pola ausencia periódica de atención médica no Centro de Saúde de Cerdedo

- Anuncio -

• Solicita unha maior coordinación para cubrir baixas de facultativos adscritos a este consultorio que motivan graves perxuizos para os pacientes que precisan ser atendidos

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, trasladoulle a responsables do Sergas a súa preocupación e a da veciñanza pola ausencia periódica de atención médica no Centro de Saúde de Cerdedo motivada pola falla de coordinación para cubrir axeitadamente a non presenza do persoal facultativo neste consultorio sanitario.

Cubela manifestoulle aos responsables do Sergas a necesidade de habilitar mecanismos que garantan a atención médica aos veciños e veciñas de Cerdedo que se ven inmersos nunha situación incómoda e moitas veces sobrevida e que impiden que teñan unha atención sanitaria eficiente como corresponde.

O rexedor de Cerdedo-Cotobade dixo entender que se poidan producir situacións imprevistas ou que os facultativos teñan que dispor de días propios para atender as súas obrigas, dispor de horas sindicais (como é o caso do médico de Cerdedo), baixas por enfermidade, permisos ou mesmo vacacións, pero “o que non pode ser é que se produzcan casos nos que hai persoas citadas e non haxa médico que as atenda e que a solución sexa
que se trasladen a outro centro sanitario máis cercano. A esa improvisación haille que por remedio inmediato porque os que saen perxudicados son os cidadáns, alleos a calquera responsabilidade sobre este tema”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas