Home Pontevedra Caldas Contra o estigma da saúde mental

Contra o estigma da saúde mental

- Anuncio -

Venres 6 de maio ás 20 h. no Bar O Diaño

*O custo de sobrevivir: a quebra da saúde mental”. Con este nome, Galiza Nova protagoniza unha campaña pola saúde mental da mocidade, na que xa se levaron a cabo diversas publicación denunciando as diferentes causas desta quebra da saúde mental: a pandemia, a precariedade, a crise climática, a violencia machista e lgbt-fóbicas

Dentro desta campaña, desde Pontevedra, realizarase unha charla-entrevista co recoñecido músico pontevedrés Berto, este venres 6 de maio ás 20 h. no bar O Diaño de Pontevedra, para falar do seu novo traballo Viaxe ao espazo interior, un álbum intimista onde fala do seu proceso e experiencia coa depresión e a necesidade de visibilizar os problemas de saúde.

“Cando sacamos a campaña de saúde mental sabía que quería facer algo para ir contra o estigma que é falar dos nosos problemas. Sempre queren que cales, que non digas que precisas axuda, que non fales de se tes depresión, ansiedade, se vas ao psicólogo… é algo que temos que tratar, mudar o noso xeito de enfrontarnos aos problemas. É por iso que me pareceu fantástica a idea de ter a Berto, para falar deste asunto de maneira intima e ligada co seu álbum” declara Xoán Antelo, responsábel comarcal de Galiza Nova.

Este acto ten a vontade de ser un encontro distendido onde o público se senta cómodo nun ambiente relaxado para invitar a interacción e participación co poñente e invitar a reflexionar sobre un asunto de tanta relevancia para mocidade como son os problemas de ansiedade e depresión.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas