Home Pontevedra O PP urxe ao Concello a que asine un convenio “xusto” coa...

O PP urxe ao Concello a que asine un convenio “xusto” coa Fanpa para a posta en marcha de ludotecas públicas, “unha actividade crave para a conciliación das familias”

- Anuncio -

O Partido Popular de Pontevedra rexistrou unha solicitude para que se celebre unha Comisión de Educación de maneira urxente e extraordinaria: “Debemos ser informados por parte do Goberno do motivo da negativa para asinar o convenio”

As concelleiras do Partido Popular que forman parte da Comisión de Benestar Social, Cultura, Educación e Dinamización Sociocultural (Silvia Xunco, Pepa Pardo e Ana Isabel Vázquez) rexistraron unha petición de convocatoria extraordinaria e urxente da referida comisión tras coñecerse que Pontevedra pode quedar sen ludotecas públicas este verán. O PP esixirá na reunión toda a información relacionada co asunto, tras decatarse a través dos medios de comunicación da falta de acordo entre as partes.

“Non entendemos como o Concello non é capaz de achegar posturas cando tantas familias de Pontevedra dependen deste tipo de actividades para conciliar a súa vida durante o verán”, lembrou Xunco. “Se como di o concelleiro Fernández hai que sacar o diñeiro doutro lado, que o fagan xa”, incidiu.

O vindeiro luns, Xunco reunirase coa Fanpa, co fin de coñecer os detalles da negociación e a postura do organismo que representa aos pais e nais. A situación non é nova, lembrou Xunco, posto que a propia Fanpa xa alertara da posibilidade de non renovar o convenio debido ao incremento dos custos e do salario mínimo profesional. “Esta situación é o resultado da falta de traballo e previsión por parte desta concellería”, recalcou a edil.

Xunco quixo lembrar que o propio Fernández no 2020 dixo, literalmente, “que o PP non só protagoniza un auténtico abandono de funcións nunha materia tan esencial como a Educación, senón que tamén se dedique agora a poñer paus nas rodas da Fanpa para impedir que se celebren as ludotecas”. Xunco agora esixe seriedade e compromiso ao Goberno local e pediulle que de maneira urxente “buscar solucións para a posta en marcha do servizo de ludotecas”.

Relacionadas

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

O alumnado do obradoiro de emprego avanza na dixitalización do arquivo municipal

0
Porremprego Cualifica II forma a 10 persoas desempregadas na implantación de tecnoloxías da información e comunicación e en economía dixital na administración Os/as dez alumnos/as...

Nova visita guiada ao Serradoiro dos Carranos, en Covelo

0
Será mañá sábado 4 de maio organizada en quendas de hora e media O Serradoiro dos Carranos abre as súas portas para acoller unha nova...

Covelo destina 386.187,35€ a mellorar espazos e servizos públicos

0
O concello pavimentará camiños municipais, mellorará edificios e cemiterios municipais, lavadoiros, parques infantís, prazas de aparcamento e depósitos de augas, entre outras intervencións O Concello...

Publicacións Relacionadas