Home Vigo O Porriño Nito Pereiro-Oliveira inaugura a súa exposición "Verdades e Quimeras"

Nito Pereiro-Oliveira inaugura a súa exposición “Verdades e Quimeras”

- Anuncio -

• O CRC acolleu onte a inauguración da mostra que permanecerá aberta ao público ata o día 2 de xuño

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño acolleu onte a presentación da exposición “Verdades e quimeras”, do porriñés Nito Pereiro-Oliveira.

A mostra foi presentada polo seu discípulo e membro da asociación O Porriño Arte, Carlos Díaz, e polo alcalde, Alejandro Lorenzo.

Díaz indicou que foi da man de Nito Pereiro con quen tivo a oportunidade de recuperar unha afición que tiña aparcada dende hai moitos anos. “Con el, tanto eu como moitos outros pintores porriñeses entusiasmámonos co mundo da pintura”, explicou, “Con Nito aprendín o pouco que sei e a el recurrín sempre ante calquera dificultade e para que puxera algúns toques de realidade en moitos dos meus cadros”. Asegurou que o artista porriñés é para el “un gran maestro da cor. As súas obras están repletas de imaxinación, pasión, compromiso…Nito fálanos a través dos seus cadros”.

Pola súa banda, o alcalde puxo en valor a obra e a figura de Pereiro-Oliveira. “Falar do Porriño é falar de cultura, e falar de cultura é falar de Nito Pereiro-Oliveira”, asegurou, “Hoxe xoga en casa, apoiado por un montón de porriñeses que se sinten, coma min, orgullosos de contar cun artista do seu nivel na vila”.

“Hai 47 anos saín do Porriño cun único obxectivo: estudiar e formarme o máximo posible para convertirme nun bo pintor. Pero nunca perdín o contacto co Porriño. Aquí nacín, aquí viviu sempre a miña familia e aquí está moita xente que me importa”, confesou Nito Pereiro, “Hoxe síntome emocionado de estar aquí con esta mostra que presenta unha obra que creei durante a pandemia e reflexa o que me afectou e o que quixen compartir”

A exposición estará aberta ao público ata o 2 de xuño no salón de actos do Círculo Recreativo Cultural.

Longa e prolífica traxectoria

Nito Pereiro-Oliveira é un dos máis prolíficos artistas plásticos do Porriño. É membro de ARGA (Asociación de Artistas Plásticos Galegos) e da Asociación Española de Pintores e Escultores. Durante estes anos de pandemia desenvolveu unha incesante e recoñecida labor. Participou, por citar algunhas, na Exposición colectiva 40+1 na Casa de Cantabria en Madrid, Exposición en Galería Souto de Vigo, “REENCUENTRO” na Galería Santana Art de Madrid, “VERANO” na galería OCCO-ART de Madrid, “CINCO MIRADAS” na Galería ALEMI de León, “PRIMAVERA na galería OCCO-ART de Madrid. Destaca tamén a súa recoñecida obra, “Intento Mirarte” que obtivo o premio BALUARTE na 85º Edición do Salón de Otoño, que estivo exposta na prestixiosa Sala Baluarte do Centro Cultural Adolfo Suárez de Madrid, e que hoxe pode disfrutarse na mostra do Porriño.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas