Home A Coruña O Concello de Frades inicia na praza de Ponte Carreira a itinerancia...

O Concello de Frades inicia na praza de Ponte Carreira a itinerancia do Punto Limpo Móbil

- Anuncio -

Ata fin de ano, este servizo achegado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitará cando menos unha vez cada unha doce parroquias do municipio para reciclar todo tipo de residuos

O Concello de Frades fai público o calendario coas datas e lugares nos que estará o novo punto limpo móbil que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas entregou a Frades e Mesía. Cada municipio conta cun caixón para a recollida dos refugallos, polo que só restaba decidir as datas e os lugares nos que se emprazarían ata final de ano.

No caso de Frades, o punto limpo móbil está instalado dende hoxe na praza de Ponte Carreira (Gafoi), onde permanecerá ata o vindeiro 10 de maio. Dous días despois, o 12 de maio, estará no aparcadoiro da igrexa de Aiazo e así ata cubrir as doce parroquias do municipio antes de finais de 2022. “O punto limpo estará unha media de doce días en cada parroquia e nos permitirá achegar a reciclaxe á veciñanza e así facilitar unha correcta xestión dos residuos domésticos”, explica Manuel Ferreiro, concelleiro do Medio Rural.

O funcionamento do punto limpo móbil é bastante sinxelo. O camión despraza ao lugar desexado unha plataforma que está dividida en contedores coas diferentes fraccións que se poden reciclar: pequenos electrodomésticos, pilas, papel, vidro… entre outros residuos. O caixón irá rotando por todas as parroquias, algunhas como Gafoi, Aiazo, Moar, Galegos, Frades e Abellá ata en dúas quendas antes de que remate o ano.

Este punto limpo móbil Frades-Mesía é un dos concedidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o pasado ano 2021. O Departamento dirixido por Ángeles Vázquez achegou aos concellos de Frades e Mesía unha axuda de case 70.000 euros para a prestación deste servizo mancomunado, que complementará o servizo que presta o punto limpo posto en marcha en Céltigos grazas a unha achega autonómica de 276.000 euros.

Relacionadas

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

O Gran Premio Cantones, mellor proba do mundo de marcha, regresará á Coruña o...

0
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu o premio á mellor organización de marcha atlética do 2023 Está prevista a participación dos principais marchadores do mundo, con...

Constituídas as comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia...

0
As dúas comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero quedaron oficialmente constituídas hoxe tralas reunións telemáticas que...

Publicacións Relacionadas