Home Quiroga Folgoso do Courel A Xunta colabora co concello de Folgoso do Courel na mellora da...

A Xunta colabora co concello de Folgoso do Courel na mellora da eficiencia enerxética e na climatización do Albergue Municipal

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as actuacións levadas a cabo o ano pasado ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

― As actuacións permitiron renovar infraestruturas obsoletas así como crear un espazo máis confortable tanto nos meses de frío como de calor e, ao mesmo tempo, aforrar gastos e reducir emisións de gases contaminantes

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe as melloras levadas a cabo no albergue municipal de Folgoso do Courel coa colaboración da Xunta para optimizar a eficiencia enerxética e a climatización do edificio.

As obras levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) consistiron na eliminación das instalacións obsoletas de baixa eficiencia enerxética e de alto custo económico e a colocación dunhas instalacións de climatización axeitadas co obxectivo de acadar unha calidade térmica do ambiente nos distintos locais todo o ano, adaptada tanto ao frío do inverno como aos meses de calor. En resumo, como indicou Natalia Prieto, “unhas instalacións máis avanzadas que son necesarias e imprescindibles, de baixo consumo e de alta eficiencia enerxética que, ademais, permiten rebaixar as emisións de gases contaminantes”.

A través do Fondo de Compensación Ambiental, a Xunta colabora cos concellos galegos na posta en marcha de proxectos destinados a evitar a degradación ambiental, na contratación de persoal e na adquisición de vehículos e maquinaria para a protección do medio ambiente, ademais de mellorar a rede de abastecemento de auga, de saneamento e do servizo de recollida de lixo, de levar a cabo actuacións de eficiencia enerxética e de emprego das enerxías renovables na luz pública, nas instalacións e edificios municipais e nos equipamentos de alta eficiencia enerxética. O FCA permite, ademais, colaborar cos concellos na compra de vehículos con distintivo ambiental Cero emisións ou Eco.

Nos últimos anos, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Administración Local, colaborou na realización de importantes actuacións neste municipio, con axudas que superan os 760.000 euros. Entre outros proxectos levouse a cabo a mellora de infraestruturas rurais en Reibarba e no núcleo de Ferramulín, así como a rehabilitación da antiga escola de Visuña, a optimización enerxética das instalacións de luz pública, a modernización das redes de abastecemento e saneamento ou a pavimentación de camiños en lugares como Mercurín, Eiriz, Noceda, Souto da Carroza ou Carballal. As achegas permitiron, ademais, mellorar os parques infantís con novas instalacións para os pequenos do lugar.

Relacionadas

Galicia rexistra en 2025 o terceiro mes de xaneiro máis cálido dos últimos sesenta...

0
— O avance do informe mensual de MeteoGalicia indica que a temperatura media para este mes foi de 9,8 graos, polo que se considera...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

A Xunta contribúe a eliminar un punto de vertido de augas residuais no concello...

0
Os técnicos de Augas de Galicia detectaron a incidencia tras a notificación dunha alerta recibida polos servizos de emerxencias A Consellería de Medio Ambiente e...

A Xunta advirte de que o novo mapa concesional de transporte por estrada proposto...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, sinalou hoxe no Parlamento galego que a medida que pretende “impoñer” o Executivo estatal “sen diálogo coas...

A Xunta avanza na elaboración da estratexía Mocidade Activa apostando por un enfoque transversal...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo unha reunión de traballo coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e coa...

Rueda destaca a inversión da Xunta para poñer en marcha a primeira planta pública de Galicia para...

0
 Salienta que as novas instalacións, nas que a Xunta inviste 25 millóns de euros, estarán operativas no segundo trimestre de 2026  A Xunta...

Publicacións Relacionadas