HomeOurenseA LimiaA Deputación colaborará coa I Subida a Vilar de Barrio, puntuable para...

A Deputación colaborará coa I Subida a Vilar de Barrio, puntuable para a Copa de España de Montaña de automobilismo

- Anuncio -spot_img

A Deputación de Ourense colaborará coa I Subida a Vilar de Barrio, proba organizada pola Asociación Clube de Automobilismo Talariño e que será puntuable para a Copa de España de Escuderías de Montaña. A competición se disputará entre o 5 e o 6 de novembro.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial con parte da directiva da Asociación Clube de Automobilismo Talariño: o secretario da entidade, Javier Merino; o tesoureiro, Óscar Vázquez e o vogais Manuel Grande e Alfonso Cid. No encontro de traballo tamén estivo presente o alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde.

Ademais da I Subida a Vilar de Barrio, a Copa de España de Montaña tamén inclúe no seu calendario a Subida á Saleta, que se celebrará o 20 e 21 de maio e que tamén conta co apoio da Deputación de Ourense.

Publicacións Relacionadas