Home Pontevedra O concello de Salceda de Caselas non renuncia nin a Galiña Azul...

O concello de Salceda de Caselas non renuncia nin a Galiña Azul nin ao Centro de día

- Anuncio -

En relación coas acusacións do Partido Popular na prensa referidas á hora de presentar a solicitude de subvención para a construción do Centro de Día a alcaldesa Verónica Tourón quere realizar as seguintes consideracións:
• O proxecto de Centro de Día e o proxecto da Galiña Azul, son dous proxectos totalmente diferentes, adaptados os dous ás necesidades dos servizos que se ofrecen en cada un deles, e con todas as especificacións técnicas solicitadas polo Consorcio Galego de Benestar, en canto a distribución Interior, salas, metros cadrados, etc., etc.(que por suposto son distintas).

• O proxecto de Centro de Día responde a unha necesidade apremiante en Salceda con máis de 1.500 persoas maiores de 65 anos, e aproveitouse para facer a solicitude do mesmo a través da liña de subvencións para este tipo de centros grazas ao convenio entre a Fegamp e o Consorcio Galego de Benestar (con fondos europeos). Cuestión de oportunidade e necesidade para un fin concreto para o que se abriu unha liña de subvencións específicas aos concellos.

• Tanto o centro de día como a Galiña Azul son necesidades básicas para a veciñanza de Salceda ás que hai que darlle resposta sen renunciar a ningunha delas e por suposto a solicitude dun Centro de Día non supón a renuncia á segunda Galiña Azul.

• Lembramos que na modificación puntual levada a cabo nos terreos do PERI do novo Centro de Saúde existen dúas parcelas colindantes, unha co procedemento urbanístico completo e outra na que queda só a xestión da reparcelación.
Ángela Ledo Souto, “O PP ben faría en sumarse ás reclamacións e peticións que o noso goberno local realiza á Xunta de Galicia en materia de atención as nosas necesidades sociais e que na maioría dos casos desatende, en lugar de verter acusacións sen fundamento sobre os proxectos desenvolvidos polo concello”.

Verónica Tourón alcaldesa, “Como alcaldesa debo responder ás necesidades de todas e todos, e non renunciarei a ningunha oportunidade para desenvolver en Salceda dous servizos tan básicos para a nosa cidadanía como conseguir unha segunda Galiña Azul e poder construír un Centro de Día”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas