Home Xunta de Galicia Lete Lasa informa do modelo de xestión da secretaría xeral para o...

Lete Lasa informa do modelo de xestión da secretaría xeral para o Deporte ante os alumnos do INEF

- Anuncio -

— A pesar de “ter botado de menos ao CSD durante a pandemia” Galicia conseguiu grazas aos seus propios esforzos que, a peche de 2021, houbera 230.701 licenzas sendo a quinta comunidade en número de licenzas e en número de clubs

— Co novo decreto DGAN aprobado en setembro do 2020 a Xunta recoñece ademais do alto nivel, o alto rendemento e o rendemento deportivo de base de Galicia

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, impartiu unha clase sobre a estrutura e organización deportiva ante os alumnos do Grado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte da Facultade de INEF. Alí falou sobre o funcionamento e os obxectivos da Secretaría Xeral para o Deporte así como da xestión da crise sanitaria e o seu paso polo Consejo Superior de Deportes.

Neste sentido subliñou a importancia de como “en tempo récord e da man das federacións deportivas” Galicia publicou en xuño de 2020 o protocolo FISICOVID DXTGALEGO polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise da Covid. A partir de aí, todas as federacións puideron seguir realizando a súa actividade, desenvolvendo as súas competicións coas maiores garantías de seguridade, e cunha absoluta adaptación destas medidas ás súas modalidades e especialidades deportivas. Ademais, destacou o “investimento excepcional en deporte durante o 2021” que acadou 32,5 millóns de euros directos da Secretaría Xeral, máis os 5,7 millóns procedentes dos fondos de consenso para a reactivación e a asignación orzamentaria da Fundación Deporte Galego. A pesar de “ter botado de menos ao CSD durante a pandemia” Galicia conseguiu grazas aos seus propios esforzos “que a peche de 2021, houbera 230.701 licenzas: 170.256 masculinas e 60.445 femininas” sendo a quinta comunidade en número de licenzas e en número de clubs federados.

Respecto a nova Lei do Deporte, Lete Lasa felicitou a todo o tecido porque o texto xa estea no Congreso o que supón “un punto de partida que pon encima da mesa cuestiones interesantes e de valor significativo”. Neste sentido, apuntou que algúns eidos deben repasarse como o vencello co Fondo de Recuperación, Transformación e Resiliencia polo que animou a “pechar un texto máis consensuado que non estea condicionado polo Plan”. Asemade, rexeitou o tratamento que se fai do TAD e da xustiza deportiva por supoñer a “ruptura cun modelo instaurado en 1990 que foi aceptado por todos”.

Por último destacou como un dos grandes obxectivos da Secretaría Xeral para o Deporte a creación da Oficina de Atención ao Deportista que “facilitará, achegará e acompañará aos deportistas galegos de alto nivel, en todas as prestacións e servizos xa existentes e que se atopan á súa disposición” para “que os e as deportistas poidan compaxinar deporte e estudos, preparación”. Desde o ano 2005, a Xunta concedeu 2.790 axudas DGAN, por importe total de máis de 6 millóns de euros, a 896 diferentes DGAN. Co novo decreto DGAN aprobado en setembro do 2020 a Xunta recoñece ademais do alto nivel, o alto rendemento e o rendemento deportivo de base de Galicia.

Relacionadas

A Xunta inicia en Valdeorras a Primavera de portas abertas nas rutas dos...

0
O director de Turismo Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe en Valdeorras na inauguración da Primavera de portas abertas que a Xunta leva a cabo...

O turismo galego medra un 12% nos tres primeiros meses do ano consolidando así...

0
O turismo galego continúa consolidando a súa desestacionalización, como demostran os resultados feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que indican que no...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

A Xunta de Galicia concluirá este verán as obras de mellora da rede de...

0
 Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer...

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das emerxecias que...

0
O director xeral e Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía...

Publicacións Relacionadas