Home Ourense O Concello iniciará no Vinteún un plan de humanización de rúas nos...

O Concello iniciará no Vinteún un plan de humanización de rúas nos barrios da cidade

- Anuncio -

A rúa Alejandro Pedrosa será a primeira intervención, que o Concello licitará en setembro cun investimento de case 2 millóns de euros.

O Concello de Ourense iniciará na rúa de Alejandro Pedrosa, no barrio do Vinteún, un plan de humanización de rúas nos diferentes barrios da cidade. A Concellería de Infraestruturas ultima o proxecto desta intervención, á que se destinará un investimento de case 2 millóns de euros, que prevé unha completa transformación deste vial, antiga estrada titulariedade da Deputación Provincial de Ourense, da que o Concello obtivo recentemente a titulariedade.

O vial experimentará unha actuación de humanización e posta en valor que resulta necesaria para mellorar as condicións de uso por parte da veciñanza, fomentando o seu uso peonil, con actuacións de ensanchamento de beirarrúas, acondicionamento de zonas vexetais, novo pavimento en pedra de zonas peonís e instalación de novas unidades de mobiliario urbano, que se virán tamén acompañados da mellora da iluminación.

O Concello de Ourense prevé licitar a execución destas obras no mes de setembro. Explica o alcalde que Alejandro Pedrosa “será a primeira de moitas actuacións de humanización que queremos executar nos diferentes barrios da cidade”, xa que o plan de humanización estenderase tamén a rúas como Bonhome ou Ánxel Barxa, entre outras.

Relacionadas

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

Publicacións Relacionadas