Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece o domingo 22 o seu "I Roteiro...

O concello de Nigrán ofrece o domingo 22 o seu “I Roteiro Canino” en Monteferro con actividades lúdicas ao finalizar

- Anuncio -

O obxectivo é realizar unha andaina conxunta de 3,2 kilómetros para, despois, participar en diferentes xogos con premios

“Trátase de socializar, facer exercicio físico nunha contorna natural espectacular e sensibilizar no coidado e respecto dos animais”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán ofrece o domingo 22 de Maio o seu ‘I Roteiro Canino’ por Monteferro coa organización a cargo do Rey Midas. Este partirá ás 12:00 horas do Monumento á Mariña Universal para percorrer 3,2 kilómetros polos sendeiros desta península. Os interesados en participar deben inscribirse previamente a través dun formulario web en www.nigran.es ou ben no propio lugar de 11:00 a 11:45 horas. Ao finalizar esta andaina circular, sobre as 13:15 horas, organizaranse actividades que constarán de diferentes premios.

“Trátase de socializar, facer exercicio físico nunha contorna natural espectacular e sensibilizar no coidado e respecto dos animais”, explica o alcalde, Juan González.

Nas actividades posteriores a organización habilitará tres categorías de cans en función do seu tamaño e proporá diferentes concursos do tipo ‘Cans potecialmente cariñosos’, ‘Parecidos razoables’ (can-humano), ‘O meu can é un artista’ (cans con habilidades), ‘Sei pasear xunto ao meu dono/a’.

Relacionadas

A Plataforma da estrada EP-2702 que lidera a loita pola rehabilitación, reúnese co alcalde...

0
O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse hoxe cos integrantes da plataforma da estrada EP-2702 para abordar os trámites relacionados co inicio...

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

O alumnado do obradoiro de emprego avanza na dixitalización do arquivo municipal

0
Porremprego Cualifica II forma a 10 persoas desempregadas na implantación de tecnoloxías da información e comunicación e en economía dixital na administración Os/as dez alumnos/as...

Nova visita guiada ao Serradoiro dos Carranos, en Covelo

0
Será mañá sábado 4 de maio organizada en quendas de hora e media O Serradoiro dos Carranos abre as súas portas para acoller unha nova...

Publicacións Relacionadas