Home A Coruña Proxección da curtametraxe “A rosa incandescente” en Cabanas

Proxección da curtametraxe “A rosa incandescente” en Cabanas

- Anuncio -

A actividade, enmarcada na programación do Día das Letra Galegas, será ás 18h no Salón de Plenos con entrada libre

O Concello de Cabanas acollerá este martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, a proxección da curtametraxe “A rosa incandescente”, unha peza audiovisual que presenta a unha Rosalía de Castro próxima e directa, interpretada pola actriz chantadina Alba López. Será ás 18h no Salón de Plenos da Casa do Concello.

“A rosa incandescente” achega ao público aspectos fundamentais da obra da autora galega, como a súa paixón pola literatura oral, o compromiso co país, a sensibilidade coas persoas marxinadas pola sociedade ou as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora.

A proxección contará coa presenza da guionista da curtametraxe, a cabanesa Anxos García Fonte, quen afondará na figura de Rosalía nunha conversa co público asistente.

Relacionadas

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico

0
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura;...

“Neda a petiscos” convida a probar os manxares das tafonas locais en seis novas...

0
O Concello de Neda convida a veciños, veciñas e visitantes a sumarse esta fin de semana ás novas degustacións na hostalaría local de doces...

Máis de 600 estudantes participaron en Fene nunha nova edición das Xornadas de Atletismo...

0
A actividade ten por obxectivo iniciar ás nenas e nenos no atletismo dun xeito lúdico e divertido As Xornadas desenvolvéronse no Pavillón A Xunqueira de...

Cultura avanza a súa actividade dos vindeiros meses no marco dos programas da Rede...

0
O monólogo de Carlos Blanco ou as actuacións de Caamaño&Ameixeiras e Grande Amore salientan entre as propostas culturais para este verán Tamén actuarán Terbutalina, Pepo...

Publicacións Relacionadas