Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O BNG chama a Jorge Cubela, ao PP e ao PSOE a...

O BNG chama a Jorge Cubela, ao PP e ao PSOE a se sumar á mobilización contra os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas

- Anuncio -

Domingo 22 de maio ás 12 h. na praza do Concello de Cerdedo.

Dentro da campaña de información e mobilización social que está a levar a cabo o BNG contra os proxectos eólicos de Portos Vidros e Campo das Rosas, animamos ao sr alcalde Jorge Cubela e aos partidos políticos con representación municipal, PP e PSOE, a arroupar á veciñanza, ás plataformas existentes, ás comunidades de montes e ás entidades sociais convocadas a participar o vindeiro domingo 22 de maio ás 12 h. na mobilización que terá lugar na praza do Concello de Cerdedo contra “o abuso das grandes enerxéticas sobre a veciñanza e o territorio municipal en clara conivencia co goberno da Xunta sostido polo PP”.

Ernesto Filgueira anima ao sr Cubela a se manifestar de xeito firme contra a fragmentación dos parques eólicos Campo das Rosas e Porto Vidros e actuar diante da administración que dirixe o seu propio partido político, o PP, para porlle fin á tramitación dos parques e, ademáis, ínstao a abandoar o doble discurso mantido nas últimas semanas no que “agasalla con palabras de parte á Xunta e á empresa Naturgy por un lado namentras xoga ao despiste coa veciñanza máis afectada”.

Filgueira ao sr Cubela: “a todos non se pode contentar, ou apoia á veciñanza ou defende os intereses das enerxéticas e por ende as portas xiratorias do PP. No BNG non hai dúbidas: defensa clara da veciñanza, das augas e dos nosos montes”.

Filgueira denunciou que os dous parques, “que teñen unha afectación brutal no territorio, cos muíños pegados a vivendas e coa afectación ás augas, comparten infraestruturas e son, na práctica, un único proxecto industrial”. A única razón para que se tramiten de forma fragmentada é para esquivar os estudos de impacto ambiental.

Nun espazo pequeno do territorio -afirmou Filgueira- aglomeraríanse os parques eólicos de Campo das Rosas, Cabanelas, Monte de Arca, As Penizas, Pico Touriñán, Porto Vidros e Touriñán III, co conseguinte impacto sobre a paisaxe e perda de biodiversidade que supón a construción de todas as infraestruturas necesarias para dar servizo a estes parques.

O portavoz municipal, Ernesto Filgueira, lembra o gran rexeitamento social a estes proxectos, con mobilizacións multitudinarias, e fai un chamamento á veciñanza, entidades sociais, comunidades de montes e grupos políticos a participar na mobilización convocada para o domingo 22, conscientes de que canto maior sexa a presión social, maior será a posibilidade de evitar a desfeita do noso territorio.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas