Home Vigo Baiona Os Alcaldes do Val Miñor esixen a elaboración dun proxecto recuperación do...

Os Alcaldes do Val Miñor esixen a elaboración dun proxecto recuperación do Estuario da Foz

- Anuncio -

Os Alcalde do Val Miñor contratan un estudo sobre o impacto da contaminación microbiológica no estuario da Foz do Miñor.

Os tres rexedores, Carlos Gómez, Juán González e Paco Ferreira, teñen o empeño firme de recuperar a zona como prioridade e así llo veñen demandando á Xunta de Galicia. #Ante as peticións ignoradas, loas mandatarios queren dar un paso máis, sendo a institución mancomunada quen asuma o gasto do estudo que pretende identificar e cuantificar o grao de contaminación dos ecosistemas mariños e fluviais, tanto da Foz como do río Miñor, e achegar as posibles solucións a este grave problema, que afecta o marisqueo na zona, actualmente declarada como zona C.

Desde os municipios da comarca tense o compromiso de respectar a biodiversidade do espazo e seguir apostando polo turismo e a economía azul. Por iso, estes traballos de estudo serán promovidos e financiados pola Mancomunidade de Val Miñor, e farase chegar tanto ao goberno autonómico, como ao Goberno de España, como a Unión Europea, para que se some a este compromiso e poñan solución á problemática que vive a zona desde hai anos.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, comprometeuse a traballar sobre esta problemática a principios do mandato “xa que é unha zona de especial interese para a xeración de postos de traballo relacionados co marisqueo. Chamaremos a todas as portas que sexan necesarias para poñer fin a este grave problema”.

“Estímase que nese espazo pódense xerar máis de sesenta postos de traballo e ao solucionar o problema que vimos padecendo hai anos, poderase garantir non só a sustentabilidade de 60 familias senón tamén a sustentabilidade deste espazo singular. Para comprender a degradación que está a sufrir o estuario da desembocadura do Miñor é preciso resaltar que no ano 2000 extraéronse 11.209 quilos entre ameixa, berberecho e cadelucha, en 2001 prohibiuse o consumo de moluscos en fresco tras ser declarada como zona C e en 2010 prohibiuse permanentemente a actividade”, destaca o rexedor baionés.

Relacionadas

Facer o Camiño en Handbike e Joëlette

0
Un grupo de persoas usuarias e voluntarias do Instituto Médico Pedagóxico de Barcelona e de Discamino fixeron un alto na súa viaxe a Santiago...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

A Plataforma da estrada EP-2702 que lidera a loita pola rehabilitación, reúnese co alcalde...

0
O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse hoxe cos integrantes da plataforma da estrada EP-2702 para abordar os trámites relacionados co inicio...

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

Publicacións Relacionadas