Home A Coruña Trenor supervisa o inicio das obras da senda peonil na estrada AC-413...

Trenor supervisa o inicio das obras da senda peonil na estrada AC-413 entre Cerceda e Tordoia cun investimento de máis de 120.000€

- Anuncio -

― Construirase unha senda na marxe esquerda da estrada de algo máis de 400 metros, cunha anchura de 2 metros e separada da calzada por un bordo, para reforzar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos a pé dos veciños

― O delegado da Xunta destacou que con esta actuación a Xunta mantén o cumprimento do seu compromiso de habilitar, nas estradas da súa titularidade, itinerarios peonís seguros, sustentables e integrados na paisaxe

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polos alcaldes de Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro, e de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, supervisou o inicio das obras da senda peonil na estrada autonómica AC-413, na entrada ao núcleo da Tablilla desde Ordes, no concello de Cerceda.

Esta actuación, que tamén beneficia ao municipio de Tordoia, suporá un investimento autonómico que supera os 120.000 euros. Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses.
A intervención

O proxecto recolle a construción dunha senda na marxe esquerda da estrada de titularidade da Xunta, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 11+960 e 12+385. Trátase de seguir mellorando a seguridade viaria na contorna e dotar un itinerario peonil continuo ao longo da vía que facilite os desprazamentos a pé dos veciños.

O novo itinerario de algo máis de 0,4 quilómetros proxéctase en formigón cor terriza natural e estará limitado da calzada por un bordo que o diferencie do resto da plataforma. O ancho do itinerario será constante, acadando os 2 metros.

Nesta actuación inclúese a execución da rede de pluviais, rede de alumeado público, reposición de sinais e marcas viarias de bordo da calzada. A intervención contará con financiamento dos fondos React UE da Unión Europea.

Trenor explicou que con este tipo de actuacións “se segue dando cumprimento ao seu compromiso de habilitar nas estradas da súa titularidade itinerarios peonís seguros, sostibles e integrados na paisaxe”.

Cómpre lembrar que a Xunta ten solicitado á Dirección Xeral de Tráfico a instalación de medidas para o control de velocidade na recta da Tablilla, de cara ao calmado de tráfico e ao reforzo da seguridade viaria nesa zona.
Nas imaxes amósanse a imaxe aérea do ámbito da actuación.

Relacionadas

Máis de 250 nenos e nenas de Boqueixón participan este luns nunha andaina polo...

0
Algo máis de 250 nenos e nenas participarán este luns 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, nunha andaina polo 25N organizada polo...

O Concello de Frades conmemorará o 25N cunha escape room sobre violencia de xénero...

0
O Concello de Frades conmemorará este luns 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller cunha dobre actividade....

Brión conmemorará o 25N cunha actuación de Teatro das Maniotas, conformado por alumnado do...

0
O Concello de Brión conmemorará o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero cun acto institucional no que a concelleira de Igualdade,...

Últimos días para anotarse nas actividades de conciliación do Concello de Brión

0
O Concello de Brión convoca 50 prazas nas súas actividades de conciliación de Nadal 2024-2025, dirixidas a familias con menores a cargo e con...

A Reserva de Biosfera licita a execución da súa “Rede Eco da Biosfera”, con...

0
• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas saca a licitación a instalación, mantemento...

O tempos viquingos desembarcan na Pobra en formato de ficción literaria con El tallista...

0
A esencia viquinga desembarcou novamente na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda, Nesta obra de...

Publicacións Relacionadas