Home O Condado As Neves A Deputación distingue co "Selo Revitaliza" ao CEIP Pazo da Mercé de...

A Deputación distingue co “Selo Revitaliza” ao CEIP Pazo da Mercé de As Neves por “compostar de maneira responsable”

- Anuncio -

O centro de ensino dispón dun centro de compostaxe comunitaria onde trata todos os biorresiduos da cociña e o comedor escolar

O alumnado utiliza o compost para fertilizar os bancais e a horta, pechando o círculo coa valorización dos residuos

A Deputación de Pontevedra vén de distinguir co ‘selo Revitaliza’ ao CEIP Pazo da Mercé de As Neves por compostar de maneira responsable o seu lixo orgánico. O centro de ensino recibe o distintivo xusto na semana previa á conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente por ter participado no programa provincial de compostaxe dende o curso 2017-2018: a día de hoxe toda a comunidade escolar (profesorado, persoal de cociña, alumnado…) está concienciada da necesaria separación dos biorresiduos para valorizalos e producir compost, amosando así un compromiso co medio no seu facer diario.
A entrega do distintivo produciuse coa presenza do alcalde de As Neves Xosé Manuel Rodríguez Méndez, do concelleiro de Medio Ambiente Óscar González, a mestra composteira Victoria Varela, o persoal do CEIDA que realiza actividades divulgativas de compostaxe co alumnado, persoal de cociña, profesorado, así como todas as nenas e nenos do centro, moi agradecidos polo recoñecemento.
O CEIP Pazo da Mercé comezou a participar no programa Revitaliza no curso 2017-2018. Entón o colexio dispoñía de dous composteiros individuais de gran tamaño, que pronto quedaron pequenos pola boa participación e uso. En febreiro de 2019 xa foi necesario instalar un centro de compostaxe comunitario que, a día de hoxe está a pleno rendemento. Cada mes énchese o módulo principal de achega e iníciase un novo proceso de compostaxe, que vixía e supervisa a mestra composteira Victoria Varela.
As achegas de orgánicos proveñen principalmente dos restos de cociñado e do comedor escolar que hai no centro, que atende a uns 150 rapaces e rapazas de luns a venres. Tamén se achegan os biorresiduos dos caldeiros de fracción orgánica que hai nas aulas e no patio.
Unha vez se produce o compost, é utilizado para as actividades do centro: os cultivos de horta que se realizan nos seis bancais que están no patio do colexio. Cada un deles pertence a un curso escolar para que de maneira demostrativa a rapazada poida coñecer como se fai un cultivo e como se pecha o círculo, “devolvendo á terra o que é da terra”.
O ‘selo Revitaliza’ do CEIP Pazo da Mercé non é o único entregado pola Deputación dentro do municipio de As Neves. O pasado mes de febreiro tamén se entregou outro á EFA A Cancela, o centro de formación profesional concertado. Alí participa no proxecto o alumando de Industrias Alimentarias, para o que a iniciativa suma na súa aprendizaxe profesional no mundo da gastronomía, considerando a economía circular como un contido transversal na formación.
O vicepresidente César Mosquera, responsable do Plan Revitaliza, deu os parabéns ao colexio e lembrou que os negocios, colexios ou entidades de calquera tipo que teñan un “excelente en compostaxe” por cumprir os parámetros establecidos polo persoal do Plan Revitaliza poderán lucir nas súas portas os anagramas do Revitaliza, e tamén o distintivo personalizado, tal e como se fai con outras redes de calidade (Michelín, Tripadvisor…).

Relacionadas

Facer o Camiño en Handbike e Joëlette

0
Un grupo de persoas usuarias e voluntarias do Instituto Médico Pedagóxico de Barcelona e de Discamino fixeron un alto na súa viaxe a Santiago...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

A Plataforma da estrada EP-2702 que lidera a loita pola rehabilitación, reúnese co alcalde...

0
O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse hoxe cos integrantes da plataforma da estrada EP-2702 para abordar os trámites relacionados co inicio...

O Castro British International School acollerá a World Robot Olympiad – Vigo 2024

0
O evento, organizado por Logonautas, congregará a máis dun centenar de mozos de entre 6 e 15 anos apaixonados da robótica do sur de...

Publicacións Relacionadas