HomeVigoNigránA ED Val Miñor Nigrán e URECA promoven a solidariedade a través...

A ED Val Miñor Nigrán e URECA promoven a solidariedade a través do deporte

- Anuncio -spot_img

Este venres tivo lugar nas instalacións de URECA en Nigrán a entrega ao Concello dun cheque de 500 euros, que será destinado a apoiar aos máis necesitados da nosa contorna.

O acto puxo o colofón á iniciativa promovida conxuntamente pola ED Val Miñor Nigrán e URECA, denominada “Goles e Sets Solidarios”, que en primeira instancia conseguiu reunir 139 Kg de produtos non perecedoiros e de limpeza, para distribuír igualmente a través do Concello entre os máis desfavorecidos, á que se engadiu agora a dotación económica das dúas Asociacións ( URECA e a EDVM), complementada pola xenerosa achega de GADIS.

Por parte do Concello de Nigrán asistiu ao evento asistiu ao evento o seu Alcalde, Juan González, quen recibiu o cheque simbólico de mans dos presidentes de URECA e da EDVM, Javier Soto e Juan Díaz, aos que se uniu en representación de GADIS o seu Delegado Territorial, Pablo Louro.

Con este tipo de iniciativas, que se suman por exemplo á tamén promovida recentemente pola EDVM coa finalidade de recoller axuda humanitaria para Ucraína, preténdese fomentar, especialmente entre os nosos mozos, os valores da solidariedade, a xenerosidade e a conciencia social, como importante complemento de formación engadida neste caso á práctica deportiva.

Publicacións Relacionadas