O Centro de Formación da Aixola fixo entrega ao Concello de Marín, a través da concelleira Cristina Acuña, dun motor Yamaha 45, que se reparou como parte do programa de formación práctica do alumnado das áreas de Mecánica. Cambiáronse os aros e o carburador, fíxose unha limpeza xeral e e levouse a cabo a montaxe e a regulación.