Home Vigo Baiona O Museo acolle este sábado un "Viveiro polo Museo con Florencio Delgado"...

O Museo acolle este sábado un “Viveiro polo Museo con Florencio Delgado” para conmemorar as Letras Galegas

- Anuncio -

No mes de xuño continúan as actividades de Polo Correo do Vento organizadas polo departamento provincial de Lingua en Tui, Pazos de Borbén, Baiona, Meis, O Rosal e Redondela

O Museo de Pontevedra vai acoller o vindeiro sábado 11 de xuño un ‘Vieiro polo Museo de Pontevedra con Florencio Delgado’. Trátase dun percorrido pola traxectoria vital e literaria do autor protagonista este ano do Día das Letras Galegas guiado por Polo Correo do Vento a través de artistas que colaboraron con el na revista Vieiros ou tiveron contacto ao longo da súa vida: Castelao, Seoane ou Arturo Souto, entre outros.

A actividade será o sábado ás 12:30 h e a entrada será libre para público familiar ata completar cabida. Trátase dunha das iniciativas postas en marcha para conmemorar o Día das Letras Galegas, que se iniciaron no mes de maio con varias sesións de contacontos ilustrados dirixidos a escolares co obxectivo de afondar na figura do poeta ourensán.

Xa da man do departamento provincial de Lingua, tamén continúan no mes de xuño as actividades para conmemorar as Letras Galegas coa xira do espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’. As representacións, que xa comezaron en maio, seguirán este mércores día 8 á unha da tarde no CEIP Pazos de Borbén, do mesmo concello; o mesmo día ás seis da tarde na biblioteca municipal de Tui; o día 10 en Baiona (lugar por determinar); o 11 ás oito da tarde na Praza de España en Meis; o 13 ás 10.30 h no Auditorio Municipal do Rosal, e o 29 en Redondela ás seis da tarde no Centro Cultural Manuel Lamazares.

Trátase dun espectáculo familiar para divulgar a biografía do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, unha das voces máis senlleiras da literatura do exilio polo que nas actividades de realce da súa figura organizadas dende o organismo provincial era precisa unha programación que tivera como protagonismo á cativada.

Na actividade alternarase a narración da biografía de Delgado Gurriarán, coa creación dunha ilustración e a interpretación de distintas pezas musicais. Contará ademais con tradución en lingua de signos, para que sexa accesible a todas as crianzas, e rematará cun pequeno coloquio adaptado ás súas idades e un obradoiro no que cada participante realice a súa propia caricatura do autor.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas