Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación presenta en Moaña o Catálogo "Máis alá da paisaxe" de...

A Deputación presenta en Moaña o Catálogo “Máis alá da paisaxe” de Lito Portela

- Anuncio -

Será este venres ás oito da tarde no Eirado do Ferreiro e contará coa presenza do autor, da deputada de Patrimonio Documental María Ortega e a alcaldesa Leticia Santos, entre outros

A Deputación de Pontevedra presentará este venres en Moaña o catálogo ‘Máis alá da paisaxe’ do artista Lito Portela, un libro editado polo servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico dirixido pola deputada María Ortega.

Será nun acto que contará coa presenza do propio autor, da deputada nacionalista, da alcaldesa Leticia Santos, e tamén con todas as persoas que participaron con textos na publicación: o escritor Manuel M. Romón, o historiador e crítico de arte Carlos L. Bernárdez, e o mestre Luís Nacidas. O evento será ao aire libre no Eirado do Ferreiro ás oito da tarde e estará aberto ao público ata completar cabida. As persoas que asistan poderán levar un exemplar da publicación de maneira gratuíta.

‘Máis alá da paisaxe’ recolle as obras da última proposta creativa de Lito Portela, un artista de longo percorrido que centra a súa obra no medio natural máis próximo, reflexionando e levando a cabo un exhaustivo traballo de campo, experimentando técnicas e formas de expresión. Na súa traxectoria mostrou especial predilección polas formas orgánicas, alternando etapas figurativas e abstractas.

Cunha longa carreira expositiva, o seu traballo foi premiado en numerosas ocasións (entre elas en 1991 coa bolsa Novos Valores da Deputación) e as súas pezas forman parte de importantes coleccións de arte tanto públicas como privadas.

En ‘Máis alá da paisaxe’ utiliza a técnica da acuarela traballada dende un sentido ‘matérico’ que consegue tirar dela calidades pouco habituais e matices grazas aos diferentes tipos de papeis que serven de soporte. Deste xeito, o pintor capta o medio mariño dunha maneira suxestiva, con novos significados.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas