HomeA ParadantaA CañizaO PP, satisfeito porque Deputación e Concello recollan a súa demanda para...

O PP, satisfeito porque Deputación e Concello recollan a súa demanda para recuperar a Ponte das Achas, na Cañiza

- Anuncio -spot_img

• Agradece que recapacitasen tras rexeitar no pleno provincial de xaneiro a moción presentada polos populares.

O Partido Popular amosa a súa satisfacción porque a Deputación de Pontevedra recapacitase e recolla a súa demanda para recuperar a Ponte das Achas, na Cañiza.

Refírese ao anuncio e á foto que Carmela Silva fixo esta mañá na Cañiza para anunciar o convenio co Concello. Un proxecto que reclamou en varias ocasión o voceiro popular, Miguel Domínguez, e que sempre encontrou o rexeitamento na Deputación de Pontevedra. A última vez, no pleno de xaneiro deste ano, no que PSOE e BNG rexeitaron a moción do PP para recuperar a Ponte das Achas.

Por iso Domínguez agradece que recapacitasen, e resalta que este convenio, que ata o de agora só está nos titulares e nas fotos e que falta por desenvolver, é gracias á reclamación dos veciños da Ponte das Achas e á presión dos populares.

Recorda que a recuperación da Ponte de Achas e do seu entorno se iniciou durante o goberno de Rafael Louzán, sendo alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez. Cando Carmela Silva chega á presidencia da Deputación, comprométese con Domínguez a seguir coas obras necesarias para por en valor tanto a propia Ponte coma a súa contorna. “Pero en realidade, en canto Carmela Silva chega á presidencia, abandona por completo este proxecto, e nin sequera o retoma sendo alcalde Luis Piña”.

Por iso desde o Partido Popular da Cañiza “vímonos na obriga de esixir en varías ocasións, que tanto a presidenta da Deputación coma Piña, retomasen o proxecto da Ponte de Achas, porque entendemos que xa non se pode demorar máis, e parece que conseguimos avergoñalos o suficiente, para que decidan facelo”.

Nesta liña, confían en que “esta vez non sexa outra promesa sen máis, e que poñan enriba da mesa os recursos necesarios para levala a cabo”.

Desde o Partido Popular da Cañiza síntense “satisfeitos de saber que a nosa labor de fiscalización do goberno local vai dando os seus froitos. Por este motivo seguiremos traballando, para evitar que a parálise de Piña e a súa falta de iniciativas e inoperancia, teñan o menor impacto posible na vida dos veciños da Cañiza, aínda que para iso, lle teñamos que seguir marcando a axenda ao alcalde”.

Publicacións Relacionadas