Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar compromete o apoio da Deputación para avanzar no desenvolvemento do...

Manuel Baltar compromete o apoio da Deputación para avanzar no desenvolvemento do termalismo no concello de Punxín

- Anuncio -

O presidente da Deputación mantivo unha reunión en Punxín co alcalde, Manuel Vázquez, e membros do grupo de goberno para repasar actuacións xa executadas pola Deputación e novas iniciativas a executar no municipio

Baltar visitou a área termal do Bañiño, onde a Deputación avanzou o seu compromiso no proxecto de mellora despois da adaptación á nova normativa termal

O rexedor agradeceu o apoio de Manuel Baltar, que “sempre demostrou durante estes once anos como alcalde”. Unha colaboración que dixo estar seguro que continuará, “e por iso presentamos proxectos para máis obras”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comprometeu esta mañá o apoio do goberno provincial “a un dos grandes eixos de desenvolvemento de Punxín como é o termalismo”, colaboración que se concretará co futuro financiamento de diversas actuacións na área termal do Bañiño. Manuel Baltar fixo este anuncio tralo encontro que mantivo na Casa do Concello co alcalde, Manuel Vázquez, ao que acompañaban o tenente alcalde, Eulogio Gómez, e a concelleira Diana Sulleiro.

Manuel Baltar repasou cos membros do goberno local as actuacións realizadas nos últimos anos en Punxín co apoio da Deputación, “executadas a través da liña de colaboración que mantemos aberta”, dixo o presidente do goberno provincial, así como tamén outros proxectos de futuro relacionados con infraestruturas viarias, en particular vías provinciais e municipais, ou unha aula de atención temperá para os escolares máis pequenos.

Pola súa banda, Manuel Vázquez agradeceu o apoio do presidente da Deputación, “que sempre demostrou durante estes once anos como alcalde”. Unha colaboración que dixo estar seguro que continuará, “e por iso presentamos proxectos para máis obras, como o acondicionamento do campo da festa”, espazo que tamén visitou esta mañá Manuel Baltar.

Na zona do Bañiño, o alcalde explicou os novos traballos que proxectan para esta área, despois de adaptar o espazo -desenrolado durante os últimos anos co apoio da Deputación- aos requirimentos da nova normativa termal.

As novas obras perfiladas suporían o investimento de aproximadamente 150.000 euros, cantidade que o goberno municipal espera conseguir cunha achega da Xunta de Galicia máis o apoio económico xa comprometido da Deputación e que alcanzaría o 30% do total. Entre as dotacións previstas figuran a ampliación do aparcadoiro, sinalización de accesos, instalación de alumeado público, accesos a persoas con discapacidade, baños e unha caseta para o vixilante.

Relacionadas

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

A Deputación inaugura no CEIP A Xunqueira I, en Pontevedra, a exposición “Achegas das...

0
A mostra, enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao tecido empresarial da provincia na inauguración...

0
O presidente provincial destacou a importancia da dixitalización do sector na estrea do Hubnet posto en marcha pola Cámara de Comercio en Vilagarcía e...

Publicacións Relacionadas