HomeXunta de GaliciaRueda felicita aos pontevedreses do ano pola súa contribución no Camiño cara...

Rueda felicita aos pontevedreses do ano pola súa contribución no Camiño cara a unha Galicia mellor

- Anuncio -spot_img

 “As vosas voces animan a seguir traballando por unha Galicia e unha Pontevedra que hoxe vos rende unha merecida homenaxe”, di


 Pon en valor tamén o labor dos medios de comunicación como o Diario de Pontevedra por, ademais de informar, transmitir o testemuño de persoas referentes que nos inspiran

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou hoxe aos Pontevedreses do Ano pola súa contribución, aseverou, no camiño cara a unha Galicia mellor.

Durante o acto de entrega dos premios, Rueda destacou, deste xeito, o traballo de ASSEII, a asociación que mellora a calidade de vida das persoas con enfermidades inflamatorias intestinais e fai que teñan máis visibilidade, que ocupen o lugar que merecen na axenda das administracións e que reciban a axuda que precisan.

Así mesmo, enxalzou a traxectoria da científica Marisol Soengas, prestixiosa investigadora na loita contra o melanoma; e de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega.

“As palabras e as historias que viven nelas teñen un aliado brillante en Manel Loureiro a quen quero felicitar dobremente: polo premio e pola segunda edición de La ladrona de huesos, ambientado no Camiño”, engadiu, referíndose tamén ao Grupo Deportivo Supermercados Froiz e á empresa Informática Lalín, “por innovar nas últimas solucións informáticas en sectores esenciais, como a hostalería”.

“Todos vós sodes o espello no que agora se miran os futuros pontevedreses do ano. As vosas voces animan a seguir traballando por unha Galicia e unha Pontevedra que hoxe vos rende unha merecida homenaxe”, abundou, poñendo en valor tamén o labor dos medios de comunicación como o Diario de Pontevedra por, ademais de informar, transmitir o testemuño de persoas referentes que nos inspiran.

Publicacións Relacionadas