HomeXunta de GaliciaA Área Santiaria de Pontevedra e O Salnés garante a cobertura e...

A Área Santiaria de Pontevedra e O Salnés garante a cobertura e continuidade da actividade radiolóxica urxente en calquera dos seus tres hospitais

- Anuncio -spot_img
  • Con data uno de xuño de 2022 procedeuse a efectuar unha reorganización funcional interna do Servizo de Radiodiagnóstico, que manterá de xeito permanente un equipo de radiólogos de garda presencial nesta Àrea Sanitaria
  • Dito equipo continuará a informar clínicamente os resultados de todas as probas radiolóxicas urxentes que se efectúen e requiran ao longo de todo o ano nos hospitais Montecelo, Provincial e O Salnés, manténdose con plena garantía asistencial para toda a poboación de referencia nambos distritos sanitarios

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés garante a cobertura e continuidade da atención radiolóxica urxente en calquera dos seus tres centros hospitalarios.

Cómpre sinalar que con data uno de xuño de 2022 procedeuse a efectuar unha reorganización funcional interna do servizo de Radiodiagnóstico, que manterá de xeito permanente un equipo de radiólogos de garda presencial nesta Àrea Sanitaria e que, como xa se viña efectuando habitualmente, continuará a informar clínicamente os resultados de todas as probas radiolóxicas urxentes que se efectúen e requiran ao longo de todo o ano nestes centros.

Plena garantía asistencial

A devandita reorganización funcional non afectará á realización deste tipo de probas en ningún dos tres hospitais da Àrea Sanitaria -Montecelo, Provincial e O Salnés- manténdose con plena garantía asistencial para toda a poboación de referencia nambos distritos sanitarios.

Publicacións Relacionadas