HomePontevedraO CondadoA Oficina de Turismo consolida o seu crecemento de visitantes durante todo...

A Oficina de Turismo consolida o seu crecemento de visitantes durante todo o ano

- Anuncio -spot_img

A Oficina de Turismo situada no parque da Canuda consolida a boa acollida dos seus servizos entre veciños e visitantes.

Esta nova Oficina de Turismo xunto ao parque público A Canuda, inaugurada no mes de agosto de 2021 e situada nun punto estratéxico da nosa vila, atende tanto as demandas que solicitan os/as usuarios/as do servizo gratuíto de bicicletas como os/as turistas que se achegan a buscar información turística sobre o noso concello de Salvaterra de Miño. Esta iniciativa de servizo gratuíto de bicicletas é exclusivo en Galicia e está moi valorado entre os/as usuarios/as que, na súa maioría son salvaterrenses e vigueses. A Semana Santa fíxose notar nesta Oficina xa que soamentes no mes de abril recibíronse 657 consultas, cifra que soamente corresponde aos sábados, domingos e festivos.

Debido á demanda de todos os usuarios, esta Oficina é a única do Condado-Paradanta aberta durante todo este ano e permanecerá aberta durante o mes de xuño cos mesmos horarios:

O horario da Oficina de Turismo é sábados, domingos e festivos de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 19.30h.

O horario do servizo gratuíto de bicicletas é sábados, domingos e festivos de 10.00 a 13.30h e de 16.00 a 19.00h.
Festivos de xuño: luns día 13 e venres 24.
Para máis información diríxete ao teléfono 699.090.991 ou en turismo2@concellodesalvaterra.org

Publicacións Relacionadas