HomeOurenseOurenseO campo de fútbol de Vilar de Astrés despide a tempada co...

O campo de fútbol de Vilar de Astrés despide a tempada co I Torneo Memorial Jesús Pérez Villaverde “Suso”

- Anuncio -spot_img

Esta tarde foi presentado este torneo no campo de Vilar de Astrés, coa intervención do concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede; de Fernando Currás, presidente da Unión Deportiva Ourense; e do presidente da Asociación de Veciños de Vilar de Astrés, Delmiro González

Esta fin de semana competirán 10 equipos de nenos nacidos entre 2010 e 2022 que rematan a súa etapa no fútbol 8. O torneo disputarase na modalidade de fútbol 11, coa intención de que os nenos que están a piques de xogar nesta categoría, vivan experiencias coas que se atoparán nun par de meses

O concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede, agradécelle á organización esta iniciativa e anima a participar neste torneo memorial “que sen dúbida será un escaparate perfecto para comprobar a calidade duns magníficos xogadores cheos de ilusión e que están chamados a liderar o fútbol de Ourense nos próximos anos”

O campo de fútbol de Vilar de Astrés despide a tempada co I Torneo Memorial Jesús Pérez Villaverde “Suso”. Así, esta fin de semana competirán 10 equipos de nenos nacidos entre 2010 e 2022 que rematan a súa etapa no fútbol 8. O torneo disputarase na modalidade de fútbol 11, coa intención de que os nenos que están a piques de xogar nesta categoría, vivan experiencias coas que se atoparán nun par de meses.

O concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede, agradécelle a organización esta iniciativa e anima a participar neste torneo memorial “que sen dúbida será un escaparate perfecto para comprobar a calidade duns magníficos xogadores cheos de ilusión e que están chamados a liderar o fútbol de Ourense nos próximos anos”. Na presentación tamén participaron Fernando Currás, presidente da Unión Deportiva Ourense; e Delmiro González, presidente da Asociación de Veciños de Vilar de Astrés.

Deste xeito, o torneo contará con 10 equipos divididos a sorteo en dous grupos de cinco. Polo tanto, xogarán todos contra todos no seu grupo, co que cada equipo disputará un mínimo de catro partidos ao finalizar o día.

Os partidos serán de 25 minutos a tempo corrido, menos a semifinal e a final que serán dous tempos de 15 minutos. Os dous primeiros de cada grupo disputaranse o cadro de honor do torneo. As normas do torneo serán as que rixe a Federación Galega de Fútbol.

Todos os equipos recibirán un obsequio por parte da organización máis o respectivo avituallamento ao longo do día (auga, froita, zume,…).

Publicacións Relacionadas