HomePontevedraDezaXuntos retira a pancarta da estrada PO-960 que colgaba no balcón do...

Xuntos retira a pancarta da estrada PO-960 que colgaba no balcón do concello

- Anuncio -spot_img

• Os últimos acontecementos e o bo entendemento que mantén o goberno de Xuntos coas institucións, fai que xa se poida eliminar a pancarta do balcón do consistorio.


No día de onte o goberno de Cruces formado por Xuntos decidiron retirar a pancarta reivindicativa da estrada PO-960.

Esta decisión vén adoptada ao ter o goberno de Xuntos unha excelente relación co goberno da Xunta de Galicia, o cal hai uns días comprometéronse á reparación da devandita estrada cun investimento de case 1.000.000 de euros, un investimento que segundo Taboada era un compromiso adquirido polo seu goberno e que, tras tres anos de visitas á Xunta de Galicia e reunións con Ethel Vázquez, trouxeron os seus froitos en forma de ratificación da reparación da PO-960, o que o goberno de Xuntos agradece enormemente, do mesmo xeito que agradeceu a Xunta de Galicia cando conseguiu a xornada laboral completa da nova Pediatra, cando a oposición conformábase con un horario parcial, incluso se falaba de compartila con Silleda, algo que o goberno de Xuntos nunca estivo de acordo e loitou por unha pediatra en exclusividade como o final ratificou a Xunta de Galicia.

Aínda que tamén é certo que o goberno de Xuntos ten unha gran relación co goberno da Deputación de Pontevedra, que nos últimos anos investiu unha gran suma económica na Vila , a última e máis cuantiosa foi a C/ Vázquez, á que agora lle fai sombra o investimento da Xunta na PO-960.

Taboada afirma que é unha persoa dialógante e paciente, das que pensan que se pode ter boa relación con ambas as administracións sempre que se beneficie aos veciños e veciñas de Vila de Cruces, como demostrou nestes últimos anos. “Eu non busco confrontación, senón entendemento e sinerxías conxuntas para mellorar a calidade dos habitantes de Vila de Cruces”.

Publicacións Relacionadas