HomePontevedraPonte Caldelas"A urxencia está en facer un uso responsable da auga e non...

“A urxencia está en facer un uso responsable da auga e non en construir encoros e trasvasamentos”

- Anuncio -spot_img

A Plataforma ENCORO NON aposta por unha nova cultura da auga que prime un sistema eficiente e un uso racional e solidario da mesma en lugar de afrontar macroinfraestruturas costosas e medioambientalmente agresivas

A Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén ENCORO NON cualifica de desafortunada a carta enviada polo secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, urxindo á aplicación ds medidas propostas no estudo encargado pola Confederación Hidrográfica Miño Sil que contempla a construción de encoros e o trasvasamento desde os ríos Verdugo e Oitavén, “solucións que consideramos ineficaces, costosas e un auténtico atentado medioambiental sen precedentes en Galicia”.

Así, a voceira da Plataforma, Pilar Fernández, salientou que “a urxencia á que se refire o secretario de Estado está en facer un uso responsable da auga e non en construir “canto antes”, trasvasamentos e encoros”.

Desde a Platarforma apóstase por alternativas que non supoñan unha nova agresións aos ríos Verdugo e Oitaén que, como recoñece o propio secretario de Estado de Medio Ambiente no seu escrito onde lle di á Conselleira que “es cierto, como señalas, que una captación en la confluencia de los ríos Verdugo y Oitavén no representa “per se” una solución al problema del abastecimiento, debido a que, en los meses de estiaje, el caudal circulante en ese punto es muy reducido y llega a ser no superior al caudal ecológico”.

Para a Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén ENCORO NON a solución pasa por un sistema de xestión da auga que poña en valor este ben, cada vez máis escaso, e que fomente un uso responsable do mesmo, con políticas de concienciación cidadá, sendo solidarios e comezando polo aforro fronte ao despilfarro xa que estamos en tempos de evidente cambio climático.

Ademais, para a Plataforma ENCORO NON o uso sostible da auga debe ser un recurso que una aos pobos fronte a unha situación de cambio climático e crisis de sostenibilidade e non debe empregarse por parte dos gobernantes como un argumento de enfrontamento, en lugar de asumir a xestión dos ríos como unha acción colaborativa entre pobos e de respeto e harmonía co medio.

“Antes de tan siquera plantexarse obras de tal envergadura e calado, non só polo investimento millonario que suporían senón sobre todo pola desfeita medioambiental que producen, habería que resolver algunas cuestións como o uso da auga reciclada para o rego dos xardíns e o baldeo das rúas en vez de empregar auga potable, resolver as perdas nos sistemas de abastecemento obsoletos que deixan polo camiño máis dun 30% da auga ou arranxar en condicións a depuradora do Casal que é incapaz de traballar cando o encoro de Eiras baixa do 40% da súa capacidade”, sinalou Pilar Fernández. “Si temos en conta estes datos, podemos observar que case a metade da auga de Eiras queda inutilizada mentras o Estado e Abel Caballero plantexan a creación de novos encoros e trasvasamentos”, engadiu. “Así, con tubaxes que perden como cestos, non hai encoros que cheguen”, sentenciou.

Por outra banda, a Plataforma ENCORO NON sigue a sumar apoios e xa hai novos colectivos, entre Comunidades de Montes, Asociacións de Veciños, Mulleres Rurais, Asociacións Culturais, Comunidades de Augas e Cofradías de Pescadores e Mariscadoras, que se están a sumar a este movimento veciñal e social e que están a artellar novas accións reivindicativas en defensa dos ríos Verdugo e Oitaven continuando na liña que xa iniciara coas movilización que se celebraron en Ponte Caldelas ou actividades como a eliminación de invasoras e a Xornada da Biodiversidade, accións coordinadas por A Rente do Chan dentro da Platarma ENCORO NON

Publicacións Relacionadas