A xunta de goberno local tratou un total de 17 asuntos na súa sesión desta mañá
A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá as convocatorias para a selección dos proxectos de actividades que se desenvolverán nos centros cívicos municipais durante o curso 2022/2023. O Concello dota con 52.000 euros estes programas, que inclúen propostas para a rapazada, por unha banda e para as persoas adultas, por outra, que se levarán a cabo nos centros cívicos da rúa Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. Estas actividades súmanse ás dirixidas especificamente ás persoas da terceira idade, cuxa convocatoria de selección de proxectos se aprobou na xunta de goberno da semana pasada. Na sesión de hoxe, a xunta de goberno local do Concello tratou un total de 17 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais.
Asuntos Sociais (3)
Aprobar as bases reguladoras que rexerán a convocatoria pública para a selección de proxectos para a súa inclusión no Programa de actividades dos centros cívicos para nenas e nenos do Concello de Ourense, para o período 2022-2023. Tamén se aproba o gasto con cargo á partida de “Actividades nos centros cívicos” do orzamento vixente por importe de 30.906 euros.
Aprobar as bases reguladoras que rexerán a convocatoria pública para a selección de proxectos para a súa inclusión no Programa de actividades para adultos dos centros cívicos do Concello de Ourense, para o período 2022-2023. Tamén se aproba o gasto con cargo á partida de “Actividades en centros cívicos” do orzamento vixente na contía de 22.657,00€.
Expediente de Reposición de legalidade da vía pública de 6 quioscos. Ordénase a retirada inmediata dos quioscos referenciados.
Asesoría xurídica (1)
Acordar a execución provisional, nos seus propios termos, da sentenza de 8 de xuño de 2021 ditada polo Xulgado do contencioso administrativo numero 1 de Ourense, no procedemento ordinario 220/2019, de conformidade polo ordenado polo Auto de 30 de marzo de 2022, que lle recoñece á Xunta de compensación da zona 4 do SU 25 o dereito a obter mediante adxudicación directa a concesión demanial privativa sobre espazos públicos definidos no proxecto refundido 1, de conformidade co prego de condicións e canon que razoada e xustificadamente aprobe o Concello de Ourense.
Licenzas (1)
Concederlle á comunidade de propietarios licenza urbanística de obras para a mellora de accesibilidade, coa instalación dun ascensor, nun edificio na rúa Velázquez.
Patrimonio (1)
Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por una particular polas lesións sufridas como consecuencia dunha caída na rúa do Progreso, por non ser o Concello de Ourense a Administración competente para resolvela. As actuacións remítenselle á Unidade de Ourense da Demarcación de Estradas de Galicia
Avogacía Consistorial (11)
Comparecencias (9)
O Concello deberá comparecer diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo números 1 e 2 de Ourense, nos procedementos abreviados interpostos por:
dúas empresas en relación a unha dilixencia de embargo e a unha liquidación polo Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana
por 5 traballadores municipais que solicitan o abonos de pluses e outros conceptos retributivos;
por un condutor contra a sanción de tráfico que se lle impuxo por circular con presenza de drogas no seu organismo
por unha candidata, contra a baremación de méritos nunha convocatoria para a provisión de 2 postos en réxime de comisión de servizos
Conformidade (1)
A xunta local acordou conformar coa demanda presentada por una particular que solicitaba a rectificación de varias liquidacións derivadas dunha transmisión inter vivos polo Imposto de plusvalías
Sentenza (1)
Do Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense que estima o recurso presentado por una empresa fronte a dúas liquidacións do IVTTNU. A sentenza logo de que a xunta de goberno do Concello acordase conformar coa demanda que deu lugar a este procedemento.