HomeVigoBaionaUnha freidora ardendo provoca a alarma en Baredo

Unha freidora ardendo provoca a alarma en Baredo

- Anuncio -spot_img

A Concellería de Seguridade Cidadá, a través da Jefactura da Policía Local do Concello de Baiona, informa de que o sistema de emerxencias 112 fixo un requirimento por mor dunha emerxencia nunha casa pechada sen ningunha persoa no interior cunha freidora acesa nunha vivenda en Baredo.

Unha patrulla da Garda Civil do posto de Baiona e unha patrulla da Policía Local desprazáronse ata o lugar, tentando nun primeiro momento os axentes actuantes abrir a porta cos medios dispoñibles. Finalmente requiriuse a intervención do GES do Val Miñor para abrir a porta, acceder ao interior e sufocar o lume. Grazas á rápida intervención, non houbo que facer ningún outro tipo de intervención.

Desde o Concello de Baiona quérese destacar novamente a cooperación conxunta entre as distintas forzas e corpos de seguridade e os servizos de emerxencias.

O concelleiro de seguridade cidadá, Óscar Martínez agradece e valora a actualización dos axentes da Policía Local, a Garda Civil e do GES.

Publicacións Relacionadas