• Este programa, destinado a persoas maiores de 55 anos, está impulsado pola Consellería de Política Social e ofrece prestacións relacionadas coa audioloxía, podoloxía ou prevención de demencias neurodexenerativas
• A unidade móbil estará habilitada no parque de Ánkar, na parroquia de San Salvador
A Concellería de Benestar Social informa de que a unidade móbil do programa Coidados Porta con Porta visitará Poio os días 6, 7 e 8 de xullo.
Trátase dun servizo que pon en marcha a Consellería de Política Social, dependente da Xunta de Galicia, destinado ás persoas maiores. Esta unidade habilitarse nesas datas no parque de Ánkar, na parroquia de San Salvador, para ofrecer prestacións relacionadas como audioloxía (revisión e valoración auditiva), podoloxía ou prevención de alzheimer e demencias neurodexenerativas.
As persoas interesadas en dispoñer deste servizo, que se ofrecerá preferentemente con cita previa, poden obter máis información poñéndose en contacto coa Casa Rosada, chamando ao 986872401 ou ben no teléfono 622748283. Lémbrase que o servizo está pensado para veciños e veciñas maiores de 55 anos.