HomeOurenseOurenseO Concello de Ourense solicitou máis de 4,7 millóns de euros de...

O Concello de Ourense solicitou máis de 4,7 millóns de euros de fondos europeos destinados á rehabilitación de edificios municipais

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense solicitou axudas por valor de 4.726.647,54 € destinadas á rehabilitación enerxética do antigo cárcere, a Casa do Concello e un edificio da Praza da Trindade. De obter a totalidade das contías solicitadas alcanzaríase un 74% dos investimentos previstos, que ascenden a 6.382.661,98 € con impostos incluídos.

O Concello participou na convocatoria de fondos europeos correspondente ao PIREP Local 2022 (programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos como parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Economía) con ocasión da Orde TMA 178/2022 do 28 de febreiro dentro dos Fondos Europeos Next Generation EU.

A subvención conta con dúas liñas diferentes. A liña 1 está destinada a obras que teñan un prazo de finalización reducido, e seleccionouse un edificio.

  • Edificio da Policía Local, situado a Rúa Victoria Kent, 1

Actuación: instalación de 136 paneis fotovoltaicos na cuberta, supoñendo unha potencia instalada de 77,52 kW, melloras puntuais de illamento térmico.
Custo previsto: 102.093,37 € + IVE
Solicitado: 102.093,37 €

A liña 2 da subvención aumenta o prazo límite de finalización das obras e esixe un orzamento mínimo de medio millón de euros. As bases admiten 3 solicitudes:

  • Antigo Cárcere Provincial, situada en Rúa Progreso, 45

Actuación: rehabilitación integral do edificio
Custo previsto: 3.285.453,13 €
Solicitado: 2.970.767,03 €

  • Casa do Concello, situada na Praza Maior, 1

Actuación: rehabilitación integral do edificio
Custo previsto: 1.100.068,00 €
Solicitado: 1.045.562,80 €

  • Futuras oficinas do PERI, situadas na Praza da Trinidade, 5

Actuación: rehabilitación integral do edificio
Custo previsto: 787.312,76 € + IVE
Solicitado: 608.224,34 €

Publicacións Relacionadas