Home A Coruña A tiktoker María Maceiras ensina a riqueza do litoral mariño local aos...

A tiktoker María Maceiras ensina a riqueza do litoral mariño local aos escolares de Cabanas

- Anuncio -

A mariñeira e influencer muradá, coñecida polo seu traballo de concienciación ambiental, participa na actividade dentro do proxecto Cabanas Mar

Unha exposición no Paseo Marítimo avanza os contidos que darán forma ao CIMM, que se inaugurará o vindeiro 17 de xuño

A mariñeira e tiktoker muradá María Maceiras, coñecida nas redes polo seu traballo de divulgación e concienciación ambiental mariña, que a levou a ser destacada como unha das 100 Jóvenes Talentos polo prestixioso Basque Culinary Center, acompañou este xoves e venres ao alumnado do CEIP Eladia Mariño nas saídas guiadas polo litoral cabanés, no marco do proxecto Cabanas Mar, impulsado pola área de medio ambiente do Concello de Cabanas a través do Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM Cabanas).

Durante toda a semana, o conxunto do alumnado do CEIP Eladia Mariño participou en diferentes obradoiros nos que se traballou o coñecemento de especies animais e vexetais das nosas rías, así como tamén o coidado do medio natural. Por outra banda, tamén fixeron saídas de campo, que contaron coa participación de traballadoras do mar, que puideron explicar ao alumnado a importancia do seu traballo como actividade económica vencellada ao medio mariño.

Exposición no Paseo da Madalena

En paralelo a estas actividades, e no marco dunha extensa programación previa á inauguración do espazo físico do Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas (CIMM), prevista para o venres 17 de xuño, o Paseo da Madalena acolle esta fin de semana unha exposición de paneis didácticos, na que se destaca a riqueza paisaxística da vila, o labor que desempeñan as xentes do mar e a propia identidade do municipio, ligada ao medio mariño.

“A evolución da vila a través dos cambios na súa paisaxe, os recursos que compoñen o litoral, a importancia da marisma e o esteiro do río Eume e a profesión do marisqueo en Cabanas son os catro grandes temas que se recollen nesta exposición”, sinalou o tenente alcalde de Cabanas, Iago Varela, responsábel do proxecto. “A exposición complétase con códigos QR a través dos que se pode ler ou escoitar o testemuño dalgunha das persoas que dan vida ao litoral”.

Sobre o CIMM e o proxecto Cabanas Mar

O Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas (CIMM) é un proxecto impulsado pola área de medio ambiente do Concello de Cabanas. Nace como un espazo de encontro para a cidadanía e visitantes arredor da cultura mariñeira e a riqueza natural e paisaxística do territorio relacionada co medio mariño estudando aspectos como a natureza, a historia, a etnografía, a gastronomía, a cultura, as tradicións, os oficios, as prácticas pesqueiras, a propia trazabilidade dos produtos do mar, as conservas, as lendas e contos, os sinais marítimos ou a actividade cultural, entre outros.

O proxecto Cabanas Mar resalta aspectos como a sostibilidade, o respecto e coidado do medio e a importancia dos oficios do mar, e nel participaron diversas persoas que dan identidade ao mar, como o persoal da Confraría de Pescadores de Pontedeume (Valentín, Ana Isabel, Rosa ou Olaya, entre outras).

Tanto o proxecto do CIMM, como o de Cabanas Mar, contan co apoio do Fondo Europeo e Marítimo da Pesca, a través do GALP Golfo Ártabro Norte.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas