HomeVigoBaionaBaiona reforza a súa colaboración co Centro Juan María coa firma do...

Baiona reforza a súa colaboración co Centro Juan María coa firma do convenio de colaboración do programa “Lecer para todos”

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona colabora coa Asociación Benéfico Social de pais e amigos a Esperanza do Val Miñor (Centro Juan María) para sufragar parte dos gastos do proxecto “Lecer para todos”.

Carlos Gómez Prado, en representación do Concello de Baiona, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais, Concepción Vara Rodríguez, e Jose Santoro Pumarega, en representación do Centro Juan María, asinaron un convenio de colaboración que permitirá que o alumnado #gozar do programa “Lecer para todos. levará a cabo durante o próximo mes de agosto, do 2 ao 26, durante catro semanas ofrécese un campamento urbano do que poderán goza 15 persoas por quenda.

A firma deste documento proporcionará ao colectivo o apoio económico e estrutural, para que as persoas beneficiarias do centro poidan levar a cabo, como en veráns anteriores, un servizo de lecer, axudando ao desenvolvemento e integración de persoas con discapacidade intelectual.

O alcalde destacou “o labor desta asociación e o compromiso que o concello de Baiona mostra unha vez máis cunha entidade que desenvolve un gran labor no campo da atención á diversidade funcional”.

A Asociación Benéfico Social é un colectivo de nais, pais e titores de persoas con discapacidade intelectual que traballan desde hai máis de 30 anos para achegar aos fillos ou tutelados o benestar, a protección, educación e os apoios que necesiten para a súa inclusión social e laboral plena na contorna no que viven. Cada día, son 50 os profesionais que axudan para dar cobertura á poboación de Nigrán, Gondomar, Baiona, Vigo e Mos.

Publicacións Relacionadas