A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asistiu hoxe á gala Milagrosistas do Ano, organizada pola Asociación de veciños, comerciantes e industriais de A Milagrosa. No acto, no que tamén estivo o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fíxose entrega dos premios concedidos anualmente pola entidade local a personalidades, institucións e empresas da provincia e que desenvolven o seu labor en distintos ámbitos.
A presenza da directora xeral, que foi galardoada na anterior edición, enmárcase no apoio da Xunta á actividade das asociacións veciñais a prol do benestar da cidadanía e da dinamización da vida cultural e social. Nesta liña, o compromiso do Goberno galego traduciuse este ano nun incremento orzamentario do 20%, ata acadar os 3 millóns de euros.