HomePontevedraPontevedraO PP reclama ao Bipartito da Deputación “menos titulares e máis feitos”...

O PP reclama ao Bipartito da Deputación “menos titulares e máis feitos” para os edificios centrais do Museo de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

• Pepa Pardo critica que as únicas novidades que hai sobre os edificios centrais son a golpe de anuncios e propaganda, porque non se fixo absolutamente nada desde que se pecharon.

• Recorda que Mosquera dixo que a mediados de 2021 o edificio en Valdecorvos estaría en funcionamento e o que hai é un solar baleiro.

A deputada provincial do PP, Pepa Pardo, lamenta que, unha semana máis, o Bipartito da Deputación volva a utilizar o Museo de Pontevedra e os seus edificios centrais “para a súa campaña de autopropaganda e autopromoción, para finxir que fan cando a realidade é que non hai absolutamente nada con respecto aos edificios centrais”. Por iso, reclama “menos titulares e máis feitos” ante o último anuncio de César Mosquera.

Un anuncio que para a deputada popular amosa que “seguen sen ter un proxecto para os edificios. Venden fume. As únicas novidades que hai sobre os edificios centrais son a golpe de anuncios e de propaganda, porque non se fixo absolutamente nada desde que se pecharon”. E recorda que que Mosquera dixo que a mediados de 2021 o edificio en Valdecorvos estaría en funcionamento e o que hai é un solar baleiro.

Por iso, “mentres eles continúan na súa campaña de publicidade e propaganda, desde o PP volvemos a insistir en que é urxente rehabilitar os edificios centrais do Museo de Pontevedra. Cada día que pasa, estes edificios culturais continúan en decadencia”.

Nesta liña, recorda que desde o grupo provincial levan reclamando a rehabilitación urxente destes edificios desde o ano 2019, “e desde entón o único que temos son titulares”.

“Pedimos que actúen xa, que escoiten aos pontevedreses e tomen decisións para poñer solucións reais. Levamos xa cinco versións diferentes sobre o que a Deputación de Pontevedra ten pensado facer, bandazos continuos e falta de proxecto que o único que provocan é que se agrave cada día máis a situación dos edificios”. Ademais, a popular subliña que a sala soterrada “que queren impoñer” nos edificios centrais conta coa oposición da cidade. “Pero non lles importa, dálles igual. Non teñen respecto nin consideración pola opinión dos pontevedreses, que están amosando publicamente o seu rexeitamento total ao proxecto faráonico”.

Publicacións Relacionadas