HomeA CoruñaA Xunta participa no Xantar de Maiores de Vilasantar

A Xunta participa no Xantar de Maiores de Vilasantar

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou este mediodía no xantar de maiores de Vilasantar. Durante o convite, puxo en valor os encontros veciñais como importantes dinamizadores da vida social dos maiores que ademais potencian as súas actividades de lecer.

Antón Acevedo aproveitou para destacar a decidida aposta da Xunta por un envellecemento activo, que teña plenamente en conta as preferencias das persoas maiores no seu futuro, e lembrou os programas e iniciativas postos en marcha pola Consellería de Política Social e Xuventude neste eido.

Publicacións Relacionadas