HomePontevedraDezaTaboada celebra o primeiro “Bautizo” Acollemento Civil de Vila de Cruces

Taboada celebra o primeiro “Bautizo” Acollemento Civil de Vila de Cruces

- Anuncio -spot_img

• Desde hoxe Vila de Cruces conta cun novo veciño, Fabián que no día de hoxe recibiu o seu bautizo civil polo alcalde Luís Taboada a pedimento dos seus pais, Adriana e José Manuel

O día de hoxe pasará á historia de Vila de Cruces ao realizarse no consistorio o primeiro bautizo civil, unha acollida civil moi familiar e emotiva, na que o alcalde manifestou a súa alegría e gratitude de que contasen co para realizar este evento tan importante, no cal Fabián pasa a formar parte da gran familia cruceña como un veciño máis de pleno dereito.

Unha acollida “bautizo” civil moi emotiva na que a madriña Eva leu un breve comunicado onde agradecía aos pais a honra que lle concedían ao escollela como madriña do seu primoxénito, e que sabía o compromiso adquirido a partir do día de hoxe tanto pola súa banda como pola do padriño David.

Taboada pola súa banda centrou o seu discurso na unión familiar e nas responsabilidades que conlevan os fillos tanto para os seus pais como neste caso aos seus padriños e animounos a defender os dereitos dos nenos e a educalos nos valores democráticos de liberdade, igualdade e o respecto.

Publicacións Relacionadas