Home A Coruña Fin de semana de portas abertas para dar a coñecer o Centro...

Fin de semana de portas abertas para dar a coñecer o Centro de Interpretación do Medio Mariño

- Anuncio -

Unha novidosa actividade interpretativa e un roteiro abrirán a programación do novo Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas

O Concello de Cabanas ten programada a inauguración do Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM) para este venres, 17 de xuño, un proxecto impulsado pola área de medio ambiente que nace coa pretensión de ser un espazo de encontro para a veciñanza e visitantes arredor da cultura mariñeira.

Co obxectivo de amosar ao público o seu potencial, o CIMM iniciará a súa axenda de actividades esta mesma fin de semana, cunha axenda de actividades para dar a coñecer toda a súa potencialidade.

Para o sábado 18 de xuño está prevista a realización dunha novidosa xornada interpretativa, para a que se fará uso dun robot submarino que estará retransmitindo imaxes en directo do fondo mariño de Cabanas ás instalacións do CIMM, onde persoal experto dará explicacións sobre o que se está a ver en directo e, posteriormente, completarase a experiencia cunha saída nun barco eléctrico e accesíbel polo estuario do Eume, onde se sitúa o banco marisqueiro. As prazas para participar nesta actividade son limitadas, e para participar é preciso inscribirse no correo cimm@cimmcabanas.gal ou chamando ao 637 559 873.

A actividade continúa o domingo 19 de xuño, cunha andaina interpretativa que sairá ás 10 da mañá do CIMM. Cunha distancia de 7,5 quilómetros e dificultade baixa, as persoas participantes visitarán o estuario do Eume e descubrirán os seus valores mariñeiros, afondando na fauna e na importancia das mareas no noso litoral. Esta actividade tamén precisa de inscrición previa por correo electrónico cimm@cimmcabanas.gal ou no 637 559 873.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas