Home O Salnés Meis O BNG de Meis esixe unha solución ao parque infantil no entorno...

O BNG de Meis esixe unha solución ao parque infantil no entorno do colexio de Armenteira

- Anuncio -

O BNG de Meis mantivo unha reunión con representantes do colexio da Armenteira onde fixeron especial fincapé e amosaron preocupación en relación co estado do parque de xogos infantil que usa o alumnado do colexio, e para o cal teñen unha porta exclusiva para a súa saída.

Despois de comprobar o estado das instalacións, é obvio o estado de degradación e abandono que presenta ese parque, representando un perigo moi elevado para o alumnado e os nenos e nenas que a el se acerquen. Presenta deficiencias estruturais dende a valla perimetral até os columpios, ferraxes no chan e alto risco de accidente en caso de uso. Tamén consideramos altamente deficiente a precintaxe do recinto que non impide que calquera neno ou nena poida acceder ao mesmo sen ser conscientes da perigosidade.

Despois de moito tempo agardando por unha solución ao parque infantil e visto que esta non parece chegar tras todo este tempo transcorrido e tras varias solicitudes para darlle unha solución. Por esta razón o bng pídelle á equipa de goberno de Meis:

  1. Que por parte da Alcaldía se leven a cabo as actuacións necesarias para arranxar estas deficiencias ou, no seu caso, facer un novo parque infantil e aproveitar o espazo sobrante para por aparellos deportivos para as persoas maiores.
  2. Que se proceda INMEDIATAMENTE á demolición do parque, dende a valla perimetral á totalidade do equipamento, até que se comecen coas actuacións para o seu arranxo polo grave risco que representa no seu estado actual.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas