HomeOurenseO Consello Municipal de Deportes celebra o mes das Festas do Corpus...

O Consello Municipal de Deportes celebra o mes das Festas do Corpus de Ourense con preto de medio cento de eventos deportivos

- Anuncio -spot_img

Patinaxe, roller, natación, fútbol, halterofilia, rallye, balonmán, piragüismo, kung-fu moderno, escalada, ximnasia estética, hockei, taichi, baloncesto, atletismo, voleibol e bicis son algunhas das disciplinas deportivas que centrarán a programación deportiva do Consello Municipal de Deportes

Esta programación completarase con charlas divulgativas e con eventos de carácter internacional como os Xogos do Eixo Atlántico, que se disputarán en Maia (Portugal)

O concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede, recalca que “o deporte é saúde, pero tamén convivencia, constancia e traballo, valores que se perciben na ciudadanía ourensá. Por eso é preciso agradecer a todas as persoas que colaboran en beneficio do deporte da nosa cidade”

É unha aposta constante do Consello Municipal de Deportes mellorar e crear novas instalacións deportivas, ademais de fortalecer e apoiar aos clubs deportivos para que teñan máis capacidade. Porque os clubs xunto coa cidadanía de Ourense son a verdadeira forza do deporte nesta cidade. E, como participantes ou espectadores, animo a todo o mundo a desfrutar da festa do deporte nestes días de Corpus en Ourense”, recalca Mario Guede

O Consello Municipal de Deportes celebra o mes das Festas do Corpus de Ourense con preto de medio cento de eventos deportivos.

Patinaxe, roller, natación, fútbol, halterofilia, rallye, balonmán, piragüismo, kung-fu moderno, escalada, ximnasia estética, hockei, taichi, baloncesto, atletismo, voleibol e bicis son algunhas das disciplinas deportivas que centrarán a programación deportiva do Consello Municipal de Deportes.

Esta programación completarase con charlas divulgativas e con eventos de carácter internacional como os Xogos do Eixo Atlántico, que se disputarán en Maia (Portugal).

O concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede, recalca que “o deporte é saúde, pero tamén convivencia, constancia e traballo, valores que se perciben na cidadanía ourensá. Por iso é preciso agradecer a todas as persoas que colaboran en beneficio do deporte da nosa cidade. É unha aposta constante desta Concellería mellorar e crear novas instalacións deportivas, ademais de fortalecer e apoiar aos clubs deportivos para que teñan máis capacidade. Porque os clubs xunto coa cidadanía de Ourense son a verdadeira forza do deporte nesta cidade. E, como participantes ou espectadores, animo a todo o mundo a desfrutar da festa do deporte nestes días de Corpus en Ourense”.

Publicacións Relacionadas