Por medio do presente escrito, o Consello Local de Cambados do Bloque Nacionalista Galego solicita á Federación Galega de Ciclismo, que a Ruta do Albariño sexa renomeada como Ruta do Albariño – Memorial Ernesto Falcón.
Ernesto Falcón, compañeiro con fondo compromiso nacionalista, adicou a súa vida á promoción do ciclismo entre a sociedade galega. A implicación do cambadés con este deporte ao longo de todo o país, en especial mediante a Federación Galega de Ciclismo, fica como exemplo a emular.
Dende o Consello Local consideramos que merece ser lembrado e vencellado ao seu deporte e á súa vila, por tanto traballo xeneroso, decente, e honesto