Home A Coruña O CEIP Celso Emilio Ferreiro recibe o Premio Recíclate con Sogama polo...

O CEIP Celso Emilio Ferreiro recibe o Premio Recíclate con Sogama polo seu proxecto en defensa do medio ambiente

- Anuncio -

• O alcalde, Juan Manuel Rodríguez felicitou aos alumnas e alumnos da Silva e ao premio Colexio da Silva pola súa implicación na concienciación da reciclaxe

Hoxe tivo lugar a entrega do Premio “Recíclate con Sogama” 2021-2022, que ten por obxectivo divulgar a oportunidade que representa para o medio ambiente transformar os residuos en recursos. Nesta ocasión os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro da Silva recibiron o terceiro premio, dotado co 700 euros polo seu deseño orixinal sobre a concienciación da reciclaxe como ferramenta fundamental para protexer o medio ambiente.

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, acompañado da concelleira Cristina Capelán, asistiron a entrega de premios e destacaron o compromiso dos alumnos e alumnas do CEIP Celso Emilio Ferreiro co medio ambiente. “Quixera agradecer a Sogama a convocatoria destes premios e felicitar aos alumnas e alumnos da Silva e ao propio centro educativo polo seu traballo en defensa do noso medio ambiente”, asegurou o primeiro edil. Os alumnos recibiron o premio de mans do propio presidente de Sogama, Javier Domínguez.

O proxecto dos alumnos e alumnas da Silva contaba con imaxes deles mesmos suxeitando residuos que tiñan que ser reciclados e convidando á sociedade a activar os seus sentidos a tomar conciencia da realidade e “pasar á acción para gañar a loita ao cambio climático. Baixo o lema: “Non deixes que os residuos bloqueen os teus sentidos: observa, escoita, reivinda, móvete. Segrega!”, os estudantes de Cerceda acadaron un premio moi merecido.

Sogama destacou o nivel das propostas deste ano canto a súa creatividade, orixinalidade e a mensaxe medioambiental que transmite e que logrou un impacto positivo de concienciación da poboación sobre a necesidade da reciclaxe.

Relacionadas

Aberta a inscrición para unha nova andaina saudable por Viladonelle e Anca o domingo...

0
O Concello de Neda vén de pechar o percorrido da andaina saudable do mes de maio. A ruta circular, prevista para o día 12,...

Ovidio Rodeiro lémbralle ao delegado do Goberno a urxencia de mellorar a seguridade viaria...

0
O alcalde solicitou a inclusión nos Orzamentos do Estado do proxecto de construción dunha rotonda na N-525, que facilitará o acceso ás aldeas de...

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Publicacións Relacionadas