HomePontevedraBaixo MiñoOcio educativo e nocivo na infancia, última charla este curso do ‘Educando...

Ocio educativo e nocivo na infancia, última charla este curso do ‘Educando en familia’

- Anuncio -spot_img

O programa ‘Educando en familia’ chega ao seu fin este curso escolar cunha nova charla coa que continuar dando resposta a moitas das inquedanzas coas que día a día se atopan nais e pais rosaleiros.

A educadora social Angelina Gándara, de AGA Formación, pechará o ciclo de charlas este venres 17 de xuño falando cos pais e nais sobre o ‘Uso do lecer na infancia: ocios educativos e nocivos’.

A charla será ás 19.00 horas no Centro Social Polivalente con entrada libre ata completar aforo, aínda que pode facerse inscrición previa a través da web do Concello para reservar praza. Co obxectivo de facilitar a asistencia das familias a estas charlas, ofertarase un servizo de canguro cun mínimo de 5 prazas cubertas para o que si é necesario reservar e confirmar asistencia.

Publicacións Relacionadas